Remove ads
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O xenebreiro ou cimbro (Juniperus communis L.) é unha árbore ou arbusto dioico da familia das cupresáceas.
Cimbro, xenebreiro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Juniperus communis L., 1753 |
Dependendo da subespecie ten un porte moi variable, desde un arbusto mediano até superar os 10 metros.
Ten un tronco con moitas pólas e copa espesa. As follas son lineais, verdes, ríxidas, punzantes, cunha única banda de estomas branca na cara exterior (polo envés e polas marxes é verde) e insírense verticiladas de tres en tres. As flores femininas dispóñense en conos axilares, en forma de escama, de cor parda vermella. As flores masculinas, de cor amarela, teñen entre 2 e 3 mm de longo e caen pouco despois de esparexer o pole entre marzo e abril.
Por froitos ten gálbulos con forma de bagas elipsoidais ou esféricas de cinco a sete milímetros de diámetro, de cor negra purpúrea cando están maduras e cunha lene cor azulada como consecuencia dunha substancia cerosa, con tres sementes case ovaladas, pero angulosas nos seus extremos. A madeira, que tamén se coñece simplemente polo nome da planta, xenebreiro, é avermellada, forte e recendente.
O xenebreiro é frecuentemente utilizado na horticultura como planta ornamental, xa que é demasiado pequeno para ser aproveitado como madeireiro. Porén, en Escandinavia a súa madeira emprégase na fabricación de caixas para produtos lácteos, como a manteiga, o queixo e tamén para facer cabos de coitelos.
As súas bagas teñen propiedades adstrinxentes mais son demasiado agres para consumilas crúas, polo que se venden secas para preparar mollos e recheos cos que adubar carnes. Adóitanse cascar antes de utilizalas para así liberar o aroma.
Tamén é frecuente usalas para aromatizar a xenebra. De feito, a denominación da propia árbore en francés, genévrier, foi a que deu lugar ó nome máis coñecido internacionalmente da bebida, gin, a través dun apócope da palabra francesa pero pronunciada á inglesa (o nome inglés da planta é juniper, que en ningún modo soaría "gin").
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xenebreiro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xenebreiro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.