Coburgo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Coburgomap
Remove ads

Coburgo (en alemán: Coburg) é unha cidade alemá do Estado federado de Baviera, na rexión da Alta Franconia, cerca de Bamberg.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads
Thumb
Igrexa de Moriz, en Coburgo

Coburg é a sede dun colexio técnico desde 1971. E desde 2005 recibiu o título de Cidade Europea. Veste Coburg, un dos complexos de castelos máis grandes de Alemaña, érguese sobre a cidade.

Remove ads

Xeografía

Situada a unha altitude nedia de 296 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 48,3 km².

Segundo o censo de 31 de decembro de 2021 a súa poboasción era de 40 955 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 848 hab./km².

Historia

Thumb
Coburgo ocupada polos estadounidenses ao final da segunda guerra mundial.

A cidade de Coburgo fundouse durante a Alta Idade Media como un lugar de paso das numerosas rutas comerciais que cruzaban o centro de Europa. En 1353, tras varias disputas nobiliarias, o territorio de Coburgo pasou a depender da casa saxoa de Wettin.

No século XVII constituíuse como capital do Ducado de Saxonia-Coburgo, ao cal incorporaría os territorios Saalfeld e de Gotha ao longo do século XVIII.

Debido a un referendo popular, o ano 1920 incorporouse a Baviera, en vez de a Turinxia. Este feito fixo que, tras a segunda guerra mundial pertencera á República Federal de Alemaña.

A súa proximidade ao chamado Telón de aceiro fixo que durante a guerra fría a cidade resultara pouco favorecida economicamente e que, tras a Reunificación alemá, vivise unha forte revitalización.

Foi a primeira cidade de Alemaña en ter un alcalde do Partido Nazi, no ano 1931.

Remove ads

Relixión

O 55 % da poboación é protestante, un 20,2 % católica e un 24,8 % doutras relixións ou atea.

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads