xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Xanthocyparis (sinónimo Callitropsis) é un xénero de coníferas da familia das cupresáceas, subfamilia das cupresoideas, que comprende dúas especies, unha propia de Norteamérica e outra nativa do Vietnam, no sueste asiático.
Xanthocyparis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xanthocyparis nootkatensis (antes, Callitropsis nootkatensis) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
En 2002, Farjon et al. describiron o novo xénero Xanthocyparis para acomodar nel a nova especie vietnamita X. vietnamensis e a outra especie, X. nootkatensis, o falso ciprés de Nootka, que anteriormente se incluírao no xénero Chamaecyparis, como C. nootkatensis.[1] Isto debeuse en parte ao descubrimento de que C. nootkatensis estaba emparentada máis estreitamente co xénero Cupressus que con Chamaecyparis.[2]
Little et al., en 2004, ao tempo que confirmaban a relación anterior con novas evidencias, sinalaron que tal como a describían Farjon et al., Xanthocyparis incluía a especie tipo de Callitropsis (Cupressus nootkatensis, un sinónimo de Chamaecyparis nootkatensis e Xanthocyparis nootkatensis).[3]
O xénero Callitropsis fora descrito por Oërsted en 1864, pero este nome foi ignorado por Farjon e a maior parte dos autores. Segundo as normas do Código internacional de nomenclatura botánica, Callitropsis como nome aparecido na publicación máis antiga, ten prioridade á hora de nomear especies sobre Xanthocyparis, se este xénero inclúe a Cupressus nootkatensis. Little et al., polo tanto, recoñeceron a Xanthocyparis como un sinónimo de Callitropsis.
Porén, o nome Xanthocyparis foi proposto desde entón para a súa conservación por riba de Callitropsis,[4], pero a menos que esa proposta se aprobara no Congreso Internacional de Botánica en 2011, estas especies están correctamente clasificadas como Callitropsis, se son recoñecidas como un xénero diferente ao resto. E nese congreso, a proposta foi aprobada.[5]
Little et al. (2004) tamén presentaron probas de que Cupressus é parafilético con respecto a Juniperus e Callitropsis, coas especies norteamericanas de Cupressus máis estreitamente relacionadas con Callitropsis que coas especies cupresáceas europeas e asiáticas.[3]
Estas especies foron transferidas a Callitropsis por Little en 2006,[6] pero esta transferencia non foi de momento universalmente aceptada.[7]
O nome científico Xantocyparis está formado pola unión dos elementos do latín científico xantho- e -cyparis, tirados dos nomes do grego antigo ξάνθος xánthos, "amarelo", e κυπάρισσος kypárissos, "ciprés", respectivamente. Literalmente: "ciprés amarelo" (ou "dourado").
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.