estilo arquitectónico From Wikipedia, the free encyclopedia
O brutalismo é un estilo arquitectónico surxido do Movemento Moderno e que tivo o seu auxe entre as décadas de 1950 e 1970. Nun comezo estivo baseado no traballo do arquitecto suízo Le Corbusier e en Eero Saarinen.[1][2]
O nome ten a súa orixe no termo francés béton brut, en galego «formigón cru», termo usado por Le Corbusier para describir a elección dos seus materiais.[3] Máis tarde, na década de 1960, o crítico de arquitectura británico Reyner Banham adaptou o termo e renomeuno coma «brutalismo» (en inglés: brutalism), que identificaba o estilo emerxente.[4]
O estilo volveuse moi popular entre clientes gobernamentais e institucións, con numerosos exemplos en países de fala inglesa (como o Reino Unido, Estados Unidos, Canadá ou Australia), Europa Occidental (Francia, Alemaña ou Italia) e países do antigo Bloque comunista.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.