aeroporto galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro[2] (IATA: SCQ, OACI: LEST), tamén coñecido como aeroporto da Lavacolla ou simplemente como aeroporto de Santiago, é un aeródromo situado preto do lugar da Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela. Aínda así, boa parte das pistas de rodaxe e aterraxe sitúanse tamén en terras das parroquias de Pereira, no concello do Pino e, en moita menor medida, de Loureda, no de Boqueixón[3].
Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | AENA | ||
Cidade/Illa | Santiago de Compostela | ||
Localización | A Lavacolla, Sabugueira | ||
Elevación (msnm) | 330 metros / 1213 pés | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17/35 | 3200 | 10498 | asfalto |
Estatísticas (2019) | |||
Pasaxeiros | 2 903 427 | ||
Aumento pasaxeiros | 6,5% | ||
Operacións | 23 396 | ||
Aumento operacións | 2,5% | ||
Carga (ton.) | 3 201 | ||
Aumento carga | 6% | ||
Fonte: AENA[1] |
Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. Ofrece voos regulares a 27 destinos, 21 deles durante todo o ano e o resto estacionais.[4]
O aeroporto de Santiago de Compostela comenza a súa andaina no ano 1932, cando un grupo de afeccionados da aeronáutica constrúe un aeroclub na cidade, máis concretamente, no termo municipal da Enfesta. Nos seus inicios, o aeroporto contou con tres zonas de aterraxe formando un triángulo de pistas de dimensións 1100 por 200 m, 950 × 150 m e 600 × 125 m.
O aeroporto adquiriu protagonismo militar coa chegada da guerra civil española, mais non é ata 1937 cando o día 27 de setembro se iniciaron os servizos comerciais regulares coa liña Santiago-Salamanca-Valladolid-Zaragoza, operando nun aeroporto que só contaba cun barracón de madeira para albergar os pasaxeiros.
En 1939 e 1940 un batallón de 388 traballadores, prisioneiros políticos, traballaron na construción do aeroporto e na ampliación das pistas.[5]
No ano 1948 iniciáronse obras de asfaltado da pista e no ano 1953 construíuse a pista de rodaxe e o estacionamento. Non é ata os anos sesenta cando se pode falar dun grande aeroporto comercial, posto que é nesta década cando se fan obras de especial transcendencia, como son o parque contra incendios, a nova torre de control, melloras nas pistas de aterraxe e de rodaxe, e se constrúe a nova terminal de pasaxeiros.
Nos anos 80 construíuse a terminal de carga, que se tivo que ampliar posteriormente debido á forte demanda de mercancías que sofre Santiago polo aire. Un factor fundamental na operatividade do aeroporto foi a instalación do sistema ILS Cat II/III no ano 1993, que permite á aviación operar en condicións meteorolóxicas de baixa visibilidade e reducir así as cancelacións e desvíos de voos.
Xa por último, os Anos Santos Composteláns, que se celebran cando o 25 de xullo coincide en domingo, teñen sido de importancia para o desenvolvemento do aeroporto, posto que coincidindo con eles tense levado a cabo importantes melloras. Así, co motivo do Ano Santo de 2010 construíuse unha nova terminal de pasaxeiros.
En xaneiro de 2016, a corporación municipal de Santiago acordou, por unanimidade, solicitar o cambio de nome do aeroporto para bautizalo como aeroporto Rosalía de Castro. A proposta recibiu nos días seguintes o apoio unánime do Parlamento galego, da Xunta de Galicia, da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, e tamén o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, manifestou o apoio do goberno nacional á iniciativa [6].
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Aer Lingus | Dublín
|
Air Europa | Gran Canaria, Lanzarote, Tenerife-Norte, Tenerife-Sur Estacional: Fuerteventura, Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca |
easyJet | Milán-Malpensa Estacional: Londres-Gatwick |
easyJet Switzerland | Basilea-Mulhouse, Xenebra |
Iberia | Madrid |
Iberia Express | Madrid |
Iberia Regional operado por Air Nostrum | Bilbao, Tenerife-Norte Estacional: Fuerteventura, Gran Canaria, Madeira, Palma de Mallorca, Melilla |
Lufthansa | Frankfurt [7] |
Ryanair | Alacant, Barcelona, Bérgamo, Gran Canaria, Hahn, Lanzarote, Londres-Stansted, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife-Sur, Valencia, Malta |
Swiss International Air Lines | Estacional: Zürich |
Vueling | Ámsterdam-Schiphol, Barcelona, Fuerteventura, Lanzarote, Londres-Gatwick, Málaga, Palma de Mallorca, París-Charles de Gaulle, Roma-Fiumicino, Tenerife-Norte[8] Estacional: Alacant, Bruxelas, Eivisa, Zürich |
O aeroporto encóntrase comunicado coa cidade de Santiago de Compostela a través da autovía A-54, dende a cal se accede facilmente cara ao centro da cidade a través do periférico SC-20. Grazas á autoestrada AP-9 (de peaxe) é posible chegar a Santiago de Compostela dende Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo. O mesmo ocorre co ferrocarril da Renfe, que opera con trens cada hora entre as cidades da Coruña e Vigo e dende aí desprazarse ata o aeroporto.
O autobús é unha das opcións coas que conta, con servizos dende as 6:50 ata as 23:30, todos eles procedentes da estación de autobuses de Santiago e da rúa Doutor Teixeiro, que se atopa no centro da cidade. Existen tamén dúas liñas de autobuses directas dende as cidades da Coruña (1 servizo diario) e Lugo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.