A Enfesta era un antigo concello de Galiza pertencente a comarca de Compostela. Como moitos outros municipios galegos, creouse en 1836.
Localización | |||
---|---|---|---|
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Galicia | ||
Provincia | Provincia da Coruña | ||
Poboación | |||
Número de fogares | 618 (1842) | ||
Datos históricos | |||
Creación | 1836 | ||
Disolución | 29 de decembro de 1962 | ||
Sucedido por | Santiago de Compostela | ||
Etimoloxía
O topónimo Enfesta é un orónimo que indica un terreo irregular con bastante pendente.[1]
Historia e características
O 14 de agosto de 1854, ao principio do Bienio Progresista, o Concello de Enfesta foi suprimido e integrado no de Santiago de Compostela[2]. Foi nomeado no seu lugar un denominado alcalde de parroquia, cuxa responsabilidade abranguía toda a chamada «parroquia de Enfesta». Esta situación debeu durar pouco tempo.
O 29 de decembro de 1962, a entidade municipal foi suprimida e anexionada a Santiago de Compostela, sendo alcalde da capital galega Ángel José Porto Anido. O último rexedor municipal da Enfesta foi Manuel Balado, quen abandonou o cargo unha semana antes da anexión[3].
O concello da Enfesta estaba formado polas parroquias da Barciela, Busto, O Carballal, Cesar, A Enfesta, Fecha, Grixoa, Marantes, Nemenzo, Sabugueira, Santa Cristina de Fecha e Verdía.
Poboación
1842 | 1857 | 1860 | 1877 | 1887 | 1897 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación de Feito | .. | 4206 | 4189 | 4320 | 4159 | 3920 | 4192 | 4268 | 4332 | 4823 | 5875 | 6299 | 5801 | .. | .. | .. | .. | .. |
Poboación de Dereito | 2939 | .. | .. | 4433 | 4410 | 4034 | 4237 | 4703 | 4768 | 5218 | 6093 | 6503 | 6209 | .. | .. | .. | .. | .. |
Fogares | 618 | 815 | 816 | 834 | 980 | 1033 | 1004 | 1048 | 1080 | 1343 | 1096 | 1414 | 1032 |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.