Remove ads
parroquia civil do concello de Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
Santo André da Barciela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE[2] en 2018 tiña 329 habitantes (160 mulleres e 169 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación[3]
A Barciela | |
---|---|
Igrexa de Santo André da Barciela. | |
Concello | Santiago de Compostela[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°57′51″N 8°26′44″O |
Poboación | 323 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, indícase[4]:
BARCIELA (SANTO ANDRÉ DE):[5] freg. na prov. d'A Coruña (8 leg.), dioc. e part. xud. de Santiago (2), e conc. de Enfesta (1): SIT. á marxe esq. do Tambre, con boa ventilación e CLIMA san. Ten sobre 70 CASAS pobres, distribuídas nos l. de Barciela, Benavente, Caluba, Fonte do Torno, Sigüeiro e Valado.[6] A igr. parr. (Santo André) está servida por un curato de padroado laical e ecl. que exercen o cabido de Santiago e casa de Moscoso de Altamira; hai unha ermida (San Brais e Sta. Catalina),[7] e o cemiterio atópase no adro da igr., se ben polo separada que está da poboa., en nada prexudica á saúde pública: o TERM. confina polo N. con San Martiño de Oroso e San Miguel de Gándara,[8] ao L. con Sta. María de César, ao S. con San Cristovo de Enfesta e San Xulián de Carballal[9] e polo O. con San Vicenzo de Marantes;[10] báñao o mencionado Tambre, que ao seu curso de N. a S., recibe as augas de varios regatos que percorren este terreo, o cal se compón de monte de pouca elevación, e dunhas 1,000 fan. de terra de boa calidade destinadas ao cultivo; os CAMIÑOS son locais, se ben cruza por esta freg. a estrada d'A Coruña a Santiago, cortada polo Tambre, sobre o cal hai unha ponte de pedra con 6 arcos e 20 varas de elevación: o CORREO recíbese por Santiago: PROD.: maínzo, centeo, patacas e algunhas froitas: cría gando lanar, vacún e de cerda; caza de lebres, perdices, xabarís e lobos; e péscanse troitas e anguías: IND.: 6 muíños fariñeiros, 2 fábricas de curtumes e algúns teares; COMERCIO: a importancia de art. de primeira necesidade, e exportación dos prod. das fáb.; celebra un mercado de gando vacún o día 24 de cada mes; POBO.: 70 vec., 590 alm.: CONTR. co seu concello. (V.).
No ano 2005 dous lugares desta parroquia, Sigüeiro e A Foca, foron incorporados ao concello de Oroso mediante o decreto 25/2005 do 3 de febreiro (DOG nº 34 do 18 de febreiro)[11]. O motivo foi o crecemento urbanístico do lugar de Sigüeiro do concello de Oroso que produciu un único núcleo urbano formado polos tres lugares, situados ao norte do Río Tambre que deste xeito pasou a conformar a fronteira entre os dous concellos. Dez anos despois deste cambio administrativo o nomenclátor da Xunta de Galicia continuaba a incluír aqueles dous lugares nesta parroquia[3].
Esta parroquia forma parte da parroquia eclesiástica da Barciela que tamén se estende por Sigüeiro no veciño concello de Oroso.
Lugares da parroquia da Barciela no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
O Alto | A Barciela | Benavente | A Caluba | A Foca | A Fonte do Torno | A Igrexa | A Polveira | Sigüeiro | O Valado | O Vintecatro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.