A Peregrina, Santiago de Compostela
parroquia civil do concello de Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
parroquia civil do concello de Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María da Peregrina[1] é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 552 habitantes (276 homes e 276 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 524 habitantes.
A Peregrina | |
---|---|
Palco da banda de música na carballeira a carón da igrexa parroquial de Santa María. | |
Concello | Santiago de Compostela[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°55′38″N 8°33′08″O |
Poboación | 551 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Segundo o Nomenclátor do IGE consta dos seguintes núcleos de poboación: Aradas, O Bargo, Pardaces de Abaixo, Pardaces de Arriba, A Peregrina, Sarela de Arriba, Monte da Vila e O Queiroal.
Neste lugar nace o río Sarela, que lle dá nome ao grupo de danza e música da aldea. Este mantén unha tradición antiga que consiste en xuntarse na carballeira ao lado da igrexa, nas festas da parroquia, para bailar e tocar pezas populares con gaita, pandeireta, tamboril e bombo. Tamén acompaña a Virxe no primeiro domingo de setembro, na procesión que vai dende a Algalia de Abaixo, na zona antiga de Santiago de Compostela, até a igrexa da Peregrina. Ao chegar, tócanlle e báilanlle á Virxe na carballeira, antes de que entre na igrexa.
Ademais, na parroquia situouse o Furancho de Arte Contemporánea.
Lugares da parroquia da Peregrina no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Aradas | O Bargo | Pardaces de Abaixo | Pardaces de Arriba | A Peregrina | Sarela de Arriba |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.