O Castiñeiriño, Santiago de Compostela
parroquia civil do concello de Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
A Nosa Señora de Fátima do Castiñeiriño é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 524 habitantes (276 mulleres e 248 homes) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 492 habitantes.
O Castiñeiriño | |
---|---|
O río Sar en Pontepedriña | |
Concello | Santiago de Compostela[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°51′32″N 8°32′10″O |
Poboación | 512 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi constituída como parroquia en 1957, segundo se publica no Boletín do Arcebispado de Santiago (1957, XCVI p. 465[2]), segregando da parroquia de Sar os lugares de Paxonal, Corgo, Castiñeiriño, Fieital e Lamas de Abade, da parroquia de Conxo os lugares de Castiñeiriño, Combarro, Casal e Outeiro, e da parroquia de Cacheiras o lugar de Covas. Este último volve pertencer a Cacheiras actualmente.
Lugares da parroquia de O Castiñeiriño no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.