Conxo, Santiago de Compostela
parroquia civil do concello de Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa María de Conxo[1] é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE, en 2013 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 1999, cando tiña 576 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Conxo.
Remove ads
Remove ads
Xeografía
Está situada ao suroeste do centro urbano da cidade, á beira do río Sar.
Historia
No castriño de Conxo consérvanse restos do poboado castrexo, e nel hai unha rocha con diferentes petróglifos.
Xa no século X apareceu o núcleo de poboación arredor da Igrexa da Nosa Señora da Mercé de Conxo. O castelo da Rocha Forte foi construído no século XIII e foi destruído na Gran Guerra Irmandiña.
Trala división territorial de España en 1833 Conxo constituíuse como concello de seu. En 1837 naceu en Cornes a escritora Rosalía de Castro. En 1856 tivo lugar o Banquete de Conxo, ao que asistiron entre outros Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. En 1873 saíu da estación de Cornes o primeiro ferrocarril de Galicia, con destino Carril.
Anexo á igrexa estaba o mosteiro de Santa María, abandonado trala desamortización, e no que o cardeal Miguel Payá creou en 1885 o Hospital Psiquiátrico de Santiago de Compostela. En 1925 o concello de Conxo pasou a formar parte do de Santiago de Compostela.
En 1957 os lugares do Castiñeiriño, O Combarro, O Casal e Outeiro pasaron a formar parte da nova parroquia do Castiñeiriño.[2]
Remove ads
Cultura
Existe unha locución moi común referida a Conxo: Vaiche na misa en Conxo, que se di cando alguén non está, e vai tardar en chegar. Segundo Eladio Rodríguez, a expresión provén de cando foi asasinado o arcebispo Sueiro, en 1366, no contexto duns graves enfrontamentos polos que se ordenou o peche de tódalas igrexas de Santiago. En consecuencia, os composteláns tiñan que ir a misa a Conxo, daquela lonxe da cidade, polo que tardaban moito en ir e volver.[3].
En setembro celebran a festa na honra a San Serapio.[4]
Economía
En Conxo ten a súa sede a multinacional galega das telecomunicacións Televés.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Conxo, Santiago de Compostela.
- Hospital psiquiátrico.
- Hospital psiquiátrico.
- Gravados do Castriño de Conxo.
- Proxectís de catapulta do castelo da Rocha Forte.
- Parque infantil.
Lugares e parroquias
Lugares de Conxo
Parroquias de Santiago de Compostela
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads