O Carril, Vilagarcía de Arousa

parroquia civil do concello de Vilagarcía de Arousa From Wikipedia, the free encyclopedia

O Carril, Vilagarcía de Arousamap
Remove ads

Santiago do Carril é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o IGE, no 2016 a súa poboación era de 1 757 habitantes (901 mulleres e 856 homes), o que representa un aumento respecto ós anos 2010, cando tiña 1 607 veciños, e 2005, cando eran 1 568.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads

O primeiro ferrocarril de Galiza foi inaugurado o 15 de setembro de 1873, entre esta localidade e Cornes (Conxo).

O Carril foi concello de seu até 1913, cando se integrou no concello de Vilagarcía de Arousa.

Thumb
Igrexa de Santiago do Carril.
Thumb
Adán e Eva ó pé do cruceiro da igrexa de Santiago do Carril.
Thumb
O Carril no extremo dun plano de 1751.
Remove ads

Toponimia

O topónimo «Carril» faría referencia, segundo as Memorias del Arzobispado de Santiago de Jerónimo del Hoyo, ao carril realizado polos carros dos labregos onda o cal se fundou a poboación.[2]

Festas e gastronomía

Esta localidade é famosa pola calidade das súas ameixas. Unha das actividades económicas máis destacadas é o marisqueo, especialmente de ameixas e berberechos. No mes de agosto celébrase a festa da ameixa do Carril. Os festexos relixiosos da parroquia son a Festa do Carme (16 de xullo), O Apóstolo (25 de xullo), San Fidel (seguinte domingo ó Apóstolo) e a romaría de San Roque (mediados de agosto). A primeira fin de semana de setembro ten lugar o festival Ameixa Rock.

Remove ads
  • Os de Vilagarcía/ mataron un burro,/ os de Carril, comérono crudo/ e os de Vilaxoán puxeron a bandeira/ para que lles deran a tripa cagueira [3].

Lugares e parroquias

Lugares do Carril

Lugares da parroquia do Carril no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Os Ánxeles | A Caldigüela | O Campo | O Carril | O Castro | Guillán | O Loureiro | A Poteira | O Rueiro | Trabanca Sardiñeira

Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia)

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads