Sobradelo, Vilagarcía de Arousa

parroquia civil do concello de Vilagarcía de Arousa From Wikipedia, the free encyclopedia

Sobradelo, Vilagarcía de Arousamap

San Salvador de Sobradelo é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 3 412 habitantes (1 738 mulleres e 1 674 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 3 569 habitantes, e 2005, cando eran 3 612.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Sobradelo
Thumb
Igrexa de San Salvador
ConcelloVilagarcía de Arousa[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°35′02″N 8°47′31″O
Poboación3.412 hab. (2016)
Entidades de poboación18[1]
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Cóntase que San Cibrán andaba a predicar polo Salnés, de lugar en lugar, pero era xa maior e cos achaques propios dunha idade avanzada. Decidiu ir en peregrinación a pedir axuda ó Apóstolo para recuperarse das moitas dores que padecía e, ó pasar por Sobradelo, deitouse un rato ó pé dun carballo e rezoulle á Virxe. A Virxe aparecéuselle e díxolle que quedaba da súa man, e Cibrán se curou no momento de tódalas súas dores.

Agradecéndolle a súa intervención, Cibrán levantou alí mesmo unha capela e mandou poñer na fachada unha imaxe da Quinta Angustia. A tradición posterior engade que, cando o santo morreu, labraron unha imaxe súa coa madeira do carballo onde descansou, déronlle o seu nome ó lugar: San Cibrán, un lugar da parroquia.

Co paso do tempo foi adquirindo sona como santo milagreiro, sanador da reuma, e na festa que se fai na súa honra, no mes de maio, os enfermos desta doenza achéganse á capela e o sancristán tócalle cunha réplica de pequeno tamaño da imaxe do santo. E disque curan.

Lugares e parroquias

Lugares de Sobradelo

Lugares da parroquia de Sobradelo no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

A Barquela | O Cacheiral | Canelas | O Casal | O Castelete | Combe | O Feal | Ferrazo | Figueirido | A Lomba | A Malladoira | Montecelo | O Outeiro | Ribadevila | A Rosaleda | San Cibrán | Sobradelo | Vilaboa | A Xesteira

O IGE recolle tamén o lugar de Miramar, con 117 habitantes, que non vén no Nomenclátor.

Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.