Remove ads
comarca da provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa, á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 109.570 (2020) (398,32 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 275,08 km² | ||||
Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.
Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.[1]
A comarca do Salnés ten unha poboación de 109.570 habitantes, que se reparten nunha extensión de 275,08 km².[2] A media anual de temperatura máxima é de 20 °C e a temperatura mínima de 5 °C.
Vilagarcía é o seu principal núcleo de poboación e económico, se ben toda a súa costa presenta un elevado dinamismo económico e demográfico con importantes núcleos como Cambados, O Grove, Portonovo e Sanxenxo, que duplican a súa poboación durante os meses de verán.
Desde o punto de vista topográfico, o amplo e fértil val do río Umia ocupa boa parte da comarca, delimitada por unha serie de rebordes montañosos de suaves pendentes e escasa altitude, entre os que destacan o monte Xiabre ó norte e os montes de Castrove no sueste, que constitúen excelentes miradoiros. Aínda que as especies arbóreas autóctonas desapareceron en gran medida, a repoboación forestal ten cubertos estes montes case na súa totalidade con piñeiros e eucaliptos. As carballeiras, castiñeiros, amieiros, bidueiros e outros aparecen moi illados nos vales das terras baixas, entre as terras de labranza, viñedos e prados. O val do Salnés ten a forma dun triángulo co vértice na vila de Caldas de Reis e a base nunha liña que iría de Carril á Lanzada. Nesta base asentan os centros de poboación máis importantes: Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove e Sanxenxo, que están comunicados por unha rede de estradas[3].
Este Val do Salnés caracterízase por ter un relevo suave derivado do seu proceso de formación, no que o seu principal axente foi a acción erosionada do río Umia.
A súa costa é baixa e areosa, de apacibles e resgardadas praias, relacionadas na súa maioría con complexos dunares de grande desenvolvemento coma os da Lanzada.
Tamén se abren extensas enseadas que polas súas condicións de abrigo favoreceron a localización de varios portos.
Outro risco da paisaxe costeiro é a presenza de numerosas illas: A Illa, A Toxa, Cortegada e outras de menor extensión.
A Comarca é berce de numerosos persoeiros entre os que cabe mencionar a Valle-Inclán, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas, ou os irmáns Camba.
A importante actividade pesqueira, industrial e turística constitúen os piares da súa economía, ó que haberá que engadi-la súa riqueza agrícola, que acada o seu máximo expoñente no cultivo da vide, da que se elabora o prestixioso e afamado viño albariño baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.
Ademais da vide, tamén son importantes os cultivos en invernadoiro de flores e produtos hortícolas, que contan cunha lonxa en Ribadumia. Desde o punto de vista turístico, O Salnés é un dos lugares máis frecuentados polos turistas estivais de dentro e fóra de Galiza. As paisaxes, as praias, os monumentos, os viños e mariscos, o clima... son aspectos moi característicos e importantes nesta comarca.
Padrón municipal 2020 | 109.570 habitantes[2] |
---|---|
Menores de 15 anos | 14.954 (13,65 %) |
Entre 16 e 64 anos | 70.100 (63,98 %) |
Maiores de 65 anos | 24.516 (22,37 %) |
Concello | Poboación[4] | Extensión (km²)[5] |
Imaxe da comarca |
---|---|---|---|
Vilagarcía de Arousa | 37.565 | 44,24 | |
Sanxenxo | 17.414 | 45,08 | |
Cambados | 13.721 | 23,44 | |
O Grove | 10.518 | 21,89 | |
Vilanova de Arousa | 10.239 | 33,65 | |
Meaño | 4.754 | 27,77 | |
Ribadumia | 5.105 | 19,71 | |
A Illa de Arousa | 4.932 | 6,91 | |
Meis | 4.988 | 52,39 | |
O Salnés | 109.570 | 275,08 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.