Portonovo, Adina, Sanxenxo

vila da parroquia de Adina, no concello de Sanxenxo From Wikipedia, the free encyclopedia

Portonovo, Adina, Sanxenxo
Remove ads

Portonovo é unha das dúas vilas do concello de Sanxenxo, xunto coa capital do concello, e o segundo núcleo en número de habitantes (en 2016). Segundo datos datos do IGE, tiña 2.161 habitantes en 2016 (1.075 mulleres e 1.086 homes), o que representa un leve pero continuado descenso respecto a anos anteriores: 2.184 habitantes en 2009 e 2.213 en 2008.

Datos rápidos Parroquia, Concello ...
Remove ads

Está situado na parroquia de Adina, coa que normalmente se identifica. Actualmente están integrados, total ou parcialmente, no casco urbano da vila os lugares de Barbeito, Vista Alegre e Canelas.

Portonovo foi concello de seu trala reorganización territorial de 1833, xunto ós concellos de Sanxenxo e Dorrón, pero en 1835 unificáronse nun só concello, con capitalidade en Padriñán, á que pertenxe o lugar de Sanxenxo.[1]

A súa actividade económica baséase historicamente na pesca, cun gremio de mareantes de especial relevancia durante a idade Media. Froito desta gran tradición pesqueira, conta cunha confraría de pescadores, inaugurada no ano 1924 (por Castelao), así como un importante porto pesqueiro recentemente ampliado e unha moderna lonxa, reformada en 2014.

Hoxe en día a pesca está a pasar a un plano secundario por mor do crecemento do sector turístico do concello e, en xeral, de toda a comarca.

Remove ads

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Adina

Lugares da parroquia de Adina no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Baltar | Barbeito | A Barrosa | Canelas | O Catadoiro | Fabal | Forxán | A Igrexa | O Outeiro | Paxariñas | O Pombal | Portonovo | Rial | A Torre | O Vinquiño | Vista Alegre | A Xesteiriña

Parroquias de Sanxenxo

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads