O 27 de febreiro é o 58º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 307 días para finalizar o ano, 308 nos anos bisestos.
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días | ||||||
Acontecementos
- 1531 - En Alemaña, varios príncipes e varias cidades protestantes forman a Liga Esmalkalda, dirixida contra Carlos V
- 1560 - Firman o Tratado de Berhick, pedindo a expulsión dos franceses da Escocia
- 1594 - Coroación en Chartres do rei de Francia Henrique IV, primeiro monarca Borbón.
- 1767 - Expulsión dos xesuítas de España pola pragmática sanción de Carlos III.
- 1782 - Durante o sitio posto a Xibraltar, unha granada alcanza o escritor José Cadalso e cáusalle a morte.
- 1801 - España decláralle a Portugal a guerra das laranxas.
- 1812 - Manuel Belgrano, patriota arxentino toma como símbolo da loita pola independencia o celeste e o branco, que farán máis tarde a bandeira da Arxentina.
- 1843 - Ocupación efectiva, por unha expedición española, da illa de Fernando Poo, hoxe Bioko, no golfo de Guinea.
- 1844 - A República Dominicana gaña a súa independencia de Haití.
- 1853 - Bendición da primeira locomotora fabricada en España e a que se lle chamou "Española".
- 1880 - Combate Naval de Arica, nos días da Guerra do Pacífico. Nel morre o comandante Manuel Thompson.
- 1881 - Derrotan as tropas británicas para os Boers en Suráfrica.
- 1900 - Nace o Partido Laborista británico na Conferencia dos Sindicatos Socialistas, celebrada en Londres.
- 1904 - Os rusos conclúen o tendido dunha vía férrea sobre o xeo do lago Baikal.
- 1905 - Maxim Gorki é liberado baixo fianza e exiliado en Riga.
- 1908 - Créase en España o Instituto Nacional da Previsión.
- 1912 - Inaugúrase no Sudán o ferrocarril Jartum-El Obeid, de 375 quilómetros.
- 1916 - Inauguración da praza de touros de Barcelona, chamada "la Monumental", con capacidade para 23 000 espectadores.
- 1917 - Estala a revolución de febreiro na Rusia.
- 1918 - Creación do Exército Vermello soviético, por Lev Trotski.
- 1920 - Estréase a película expresionista Das Cabinet des Dr. Caligari.
- 1924 - Cae unha gran nevada sobre Barcelona.
- 1933 - Incendio e destrución do parlamento alemán (Reichstag).
- 1937 - Guerra civil española: O Goberno de Francisco Franco restablece a "Marcha de Granaderos" como himno nacional e, como himnos oficiais, o "Cara al sol", o "Oriamendi" e o himno da Lexión.
- 1939 - Francia e o Reino Unido recoñecen o goberno do xeneral Franco.
- 1945 - O xeneral MacArthur encarga o Goberno de Filipinas ao presidente Sergio Osmeña.
- 1950 - Constitúese no Reino Unido o segundo Goberno laborista de Clement Attlee.
- 1952 - Fundación da Universidade Técnica do Estado de Chile, hoxe Universidade de Santiago.
- 1954 - O presidente exipcio, Naguib, recupera o poder do que foi despoxado polo Consello Militar da Revolución, dirixido por Gamal Abdel Nasser, quen continúa como presidente do Consello de Ministros.
- 1957 - Na China, discurso de Mao Tse Tung a cerca da xusta solución no seo do pobo, como primeiro golpe dado por mor da campaña das Cen Flores, comezada en maio de 1956.
- 1962 - O Partido do Congreso gaña as eleccións xerais da India, logrando 354 dos 494 escanos do Parlamento
- 1965 - Os Estados Unidos incrementan a súa participación no conflito de Vietnam.
- 1974 - Sublevación militar na Etiopía contra o Goberno, que presenta a súa dimisión ao emperador Haile Selassie.
- 1981 - Manifestacións multitudinarias en todas as capitais españolas no apoio do sistema democrático e de rechazo do intento de golpe de Estado de catro días antes.
- 1983 - Nova reelección nas lexislativas do presidente do Senegal, Abdou Diouf.
- 1984 - O Goberno de Mauritania recoñece a República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
- 1985 - No Sudán, pelexas por fame nas cidades.
- 1989 - Pelexas en Venezuela polo aumento dos prezos cun resultado de 300 mortos.
- 1989 - Os partidos políticos navarros reafirman en Pamplona o chamado acordo pola paz e a tolerancia en contra da violencia terrorista de ETA.
- 1991 - Remata a guerra do Golfo.
- 1991 - O presidente estadounidense, George Bush, anuncia o remate das hostilidades na guerra do Golfo e conmina a Iraq a que acepte as doce resolucións do Consello de Seguridade da ONU.
- 1992 - Ratificado un Tratado checo-alemán de Amizade que ignora as aspiracions dos sudetes e intenta cerrar vellas hostilidades.
- 1994 - Remate dos Xogos Olímpicos do Inverno de Lillehamer (Noruega), nos que Rusia conseguiu o maior número de medallas.
- 1995 - Luis Roldán é conducido en avión dende Bangkok, Thailandia a Madrid, vía Roma, polo grupo policial especial encargado da súa busca, tras 305 días de fuga por varios continentes. O día seguinte foi encarcerado, acusado de sete delitos.
- 1997 - Entra en vigor en Irlanda a primeira lei de divorcio, aprobada por referendo en 1995 por escasa marxe de votos.
- 1999 - Nixeria celebra eleccións presidenciais, que poñen fin a 15 anos de gobernos militares. O triunfo é para Olusegun Obasanjo.
Nacementos
- 274 - Constantino I o Grande, emperador romano que fundou Constantinopla.
- 1766 - Thomas Robert Malthus, filósofo e economista.
- 1807 - Henry Wadsworth Longfellow, escritor (m. 1882).
- 1823 - Ernest Renan, filósofo e historiador francés.
- 1863 - Joaquín Sorolla, pintor español.
- 1895 - Rodolfo Llopis, dirixente socialista español.
- 1898 - Maryse Bastié, aviadora francesa (m. 1952).
- 1902 - John Steinbeck, escritor Premio Nobel de Literatura en 1962
- 1910 - Joan Bennett, actriz estadounidense de cine.
- 1912 - Lawrence Durrell, novelista británico.
- 1913 - Paul Ricoeur, filósofo e antropólogo francés.
- 1915 - Leopoldo Castedo Hernández de Padilla, historiador español.
- 1926 - David Hunter Hubel, neurobiólogo estadounidense nado no Canadá, Premio Nobel de Medicina en 1981.
- 1928 - Ariel Sharon, primeiro ministro israelí.
- 1930 - Joanne Woodward, actriz estadounidense de cine.
- 1932 - Elizabeth Taylor, actriz de cine británica (m. 2011).
- 1935 - Mirella Freni, cantante italiana de ópera.
- 1962 - Paulino Vázquez, poeta galego.
- 1974 - Modesto Fraga, escritor galego.
- 1980 - Chelsea Clinton, filla do presidente dos Estados Unidos Bill Clinton.
Mortes
- 639 - Pipino o Vello, Mordomo de Palacio de Austrasia.
- 1811 - Mateo de Toro e Zambrano, Conde da Conquista e Presidente da Primeira Xunta Nacional do Goberno de Chile.
- 1854 - Felicité Robert de Lamennais, escritor.
- 1922 - Javier Valcarce Ocampo, escritor e xornalista galego.
- 1926 - Filomena Dato, escritora galega (n.1856).
- 1934 - Josep Llimona, escultor.
- 1936 - Ivan Pavlov, médico e fisiólogo.
- 1936 - Antonio Fernández Tafall, xornalista e escritor galego (n. 1869).
- 1957 - José Quintas da Vila agrarista e xornalista galego (n 1873).
- 1963 - Rajendra Prasad, primeiro presidente da India.
- 1968 - Manuel Giménez Fernández, exministro da II República española.
- 1981 - Joaquín Domingo, billarista español.
- 1989 - Konrad Lorenz, científico austríaco.
- 1994 - Antonio de Senillosa, escritor e político español.
- 2003 - Manuel Ferrol, fotógrafo coruñés.
- 2016 - Luis Rodríguez Míguez, médico e escritor galego.
- 2018 - Quini, futbolista español (n. 1949).
Festas e celebracións
Outros
- Santoral: San Leandro (Bispo); Gabriel da Dolorosa, Baldomero, Onésima e Xeroncio (Confesores); Alexandre, Acundio, Antígono, Fortunato, Xián, Honorio, Basilio e Euno (Martires); Procopio (Monxe); Taleo (Eremita) - Calendario Romano: 1ª Equirria.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.