Warwick Brown
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Warwick Brown (nado en Sydney, 24 de decembro de 1949) é un expiloto de Australia.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Andaina
Brown participou nun único Gran Premio da Fórmula Un, o 10 de outubro de 1976. Pilotou un coche de Wolf-Williams Racing no Gran Premio dos Estados Unidos de 1976 e terminou 14º, a cinco voltas do gañador James Hunt. Brown sufriu a perda da terceira e quinta marcha durante a carreira, así como problemas cos freos traseiros.[1]
Brown tivo máis éxito nas series Tasman, que gañou en 1975, pilotando un Lola T332 Chevrolet. Tamén gañou a Rothmans International Series en Australia dúas veces, en 1977 pilotando un Lola T430 Chevrolet e en 1978 pilotando un Lola T332 Chevrolet, ambos para o equipo de VDS. No curso de gañar estas series, Brown tamén gañou o Gran Premio de Nova Zelandia de 1975 e o Gran Premio de Australia de 1977.
Logo de competir no Campionato SCCA / USAC de Fórmula 5000 en América do Norte de 1974 a 1976, Brown disputou as Can-Am Series e foi o subcampión detrás do seu compañeiro australiano Alan Jones na Serie de Can-Am de 1978 pilotando un Lola T333CS-Chevrolet para o equipo de VDS.
Remove ads
Resumo da carreira

Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads