actriz galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María Eugenia Dolores Blanco Iglesias, máis coñedica como Uxía Blanco, nada en Loxo, Touro, en 1952, é unha actriz e presentadora galega, licenciada en Xeografía e Historia, concelleira delegada da área de igualdade, xuventude e normalización lingüística do Concello de Vigo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Touro, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema |
Comezou sendo actriz de teatro nos 70, dando o salto á gran pantalla na década de 1980. Protagonizou a primeira longametraxe en lingua galega, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro. Logo virían outras películas, como Huidos (1993) de Sancho Gracia, Contar (1994) de Manuel Abad ou A lingua das bolboretas (1999), adaptación ao cine da man de José Luis Cuerda dun relato da obra de Manuel Rivas, Que me queres, amor?. Participou en Luar como presentadora e levou o programa de actualidade cinematográfica da Televisión de Galicia, DeZine desde 1997. Tamén presentou As viaxeiras da Lúa.
É concelleira no Concello de Vigo como independente nas listas do Partido dos Socialistas de Galicia, delegada da área de igualdade, xuventude e normalización lingüística.[1]
Ano | Categoría | Produción | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor comunicador de televisión | Dezine | Nomeada |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.