From Wikipedia, the free encyclopedia
Somne é unha coprodución galega do ano 2004 dirixida por Isidro Ortiz. entre os seus protagonistas atópanse actores galegos coma Nancho Novo ou Uxía Blanco. A produción corre a cargo da produtora galega Vaca Films xunto á TVG e a madrileña Lotus Films. A rodaxe tivo lugar en Santiago de Compostela, Lousame, O Grove, Madrid e nas minas de San Fins. A longametraxe presentouse o 12 de outubro de 2005 no Festival de Sitges, e a estrea comercial en España foi o 21 do mesmo mes.
Somne | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Isidro Ortiz |
Guión | David Alonso e Cristóbal Garrido |
Intérpretes | Goya Toledo, Óscar Jaenada, Nancho Novo, Chete Lera, Gary Piquer, Uxía Blanco, Jordi Dauder, Iván Hermés, Manuel Dios, Itxaso Álvarez |
Música | Javier Cámara |
Fotografía | Pedro del Rey |
Estrea | 12 de outubro de 2005 |
Orixe | Galicia |
Na rede | |
A protagonista deste filme é Andrea (Goya Toledo), unha neuróloga de éxito que decide volver ó lugar onde estudou ó coñecer a nova do suicidio dunha antiga profesora súa, María (Uxía Blanco). Esta deixara sen rematar un importante experimento no que estaba a traballar.
A Andrea propóñenlle continuar a investigación da profesora no punto no que esta a deixou. Andrea acepta o reto xunto a Gabriel (Óscar Jaenada), o fillo de María, e Diego (Nancho Novo).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.