Enrique Antonio Iglesias Alvarellos, coñecido como Enrique Alvarellos, nado na Coruña o 30 de abril de 1931 e finado en Lugo o 2 de xuño de 2004, foi un músico, escritor e editor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1931 A Coruña, España |
Morte | 2 de xuño de 2004 (73 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | músico, editor, escritor |
Familia | |
Fillos | Henrique Alvarellos |
- Non confundir con Henrique Alvarellos, o seu fillo
Traxectoria
Estudou no Seminario de Lugo Humanidades e Música. Ligado ao mundo da música fundou en 1961 o coro Entre Silveiras e en 1981 o orfeón Xoán Montes e compuxo arredor de 50 pezas musicais. En 1963 organizou a Academia Alvarellos para o ensino da mecanografía seguindo un método propio. En xuño de 1977 fundou a Editorial Alvarellos.
Obra en galego
- Narrativa
- Botei 40 anos, 1977, Alvarellos.
- Poesía
- Cen anacos, 1977.
- Ensaio
- Agrupacións corais de Galicia, 1992.
- Mulleres destacadas de Galicia, con 1.225 entradas, 1993, Alvarellos, ISBN 84-85311-96-5.
- Humor
- Cen caras de españois, 1983.
Obra en castelán
- Ensaio
Vida persoal
Casou en Lugo con Concepción Casas Dávila o 26 de xuño de 1961 e foi pai de Cecilia e Henrique Alvarellos.
Véxase tamén
Bibliografía
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 25. ISBN 84-8064-113-4.
- "Alvarellos Iglesias, Enrique" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- Enciclopedia Galega Universal Ir Indo
Outros artigos
- Henrique Alvarellos Casas (fillo)
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.