artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha cronoloxía das mulleres en física, desde o século XVII até o século XXI. Os eventos cronolóxicos amosados na liña do tempo están relacionados coas achegas científicas e coa igualdade de xénero na física.
Outras mulleres que fixeron importantes contribucións ao campo de física aparecen nos seguintes apartados.
1668: Despois de separarse do seu marido, a francesa Marguerite de la Sablière estableceu un salón popular en París. Os científicos e os eruditos de diferentes países visitaron o salón regularmente para falar de ideas e compartir coñecementos. Sablière estudou física, astronomía e historia natural cos seus invitados.[7]
1732: A física italiana Laura Bassi converteuse na primeiro muller membro da Academia de Ciencias de Boloña. Un mes máis tarde, defendeu a súa tese doutoral publicamente. Bassi foi a primeira muller profesora de física no mundo.[8][9]
1738: Émilie du Châtelet foi a primeira muller en publicar un traballo na Academia de París.[10]
1816: A física e matemática francesa Sophie Germain foi a primeira muller en gañar un premio da Academia de París de Ciencias polo seu traballo en elasticidade.[15]
1897: A física americana Isabelle Stone foi a primeira muller en obter un doutoramento en física nos Estados Unidos.[16]
1898: A física danesa Kirstine Meyer foi galardoada coa medalla de ouro da Academia danesa Real de Ciencias e Letras.[17][18]
1899: A física irlandesa Edith Anne Stoney foi nomeada profesora universitario de física no Colexio de Medicina para Mulleres de Londres. Máis tarde foi unha figura pioneira no uso de máquinas de raios X nas liñas da fronte da primeira guerra mundial.[19][20]
1899: As físicas americanas Marcia Keith e Isabelle Stone foron as primeiras mulleres membros da Sociedade Americana de Física.[21][22]
Década de 1900
1903: Marie Curie recibiu o Premio Nobel de Física xunto co seu marido, Pierre Curie, e Henri Becquerel, pola descuberta da radioactividade e os dous elementos radioactivos: o radio e o polonio.[1]
1900: As físicas Marie Curie e Isabelle Stone asistiron ao primeiro Congreso Internacional de Física en París, Francia. Eran as únicas dúas mulleres de 836 participantes.[22]
1906: A física, matemática e enxeñeira inglesa Hertha Ayrton foi a primeira muller receptora da Medalla Hughes da Royal Society. Recibiu o premio pola súa investigación experimental no arco eléctrico e nas ondulacións na area.[23]
1909: A física danesa Kirstine Meyer foi a primeira muller danesa en recibir un doutoramento en ciencias naturais. Escribiu a súa disertación sobre "o desenvolvemento do concepto de temperatura" dentro da historia de física.[17][24]
Década de 1910
1911: Marie Curie gañou o Premio Nobel en Química.[6] Isto converteuna na primeira persoa en gañar dous premios Nobel .
1925: A astrónoma e astrofísica Cecilia Payne-Gaposchkin estableceu que o hidróxeno é o elemento máis común nas estrelas, e o elemento máis abundante no universo.[28]
1934: Antonia Ferrín Moreiras comezou a traballar, en 1934, como profesora axudante de Física e Matemáticas na USC. En 1963 presentou a primeira tese de Astronomía realizada por unha muller en España.[31]
1937: Marietta Blau e a súa estudante Hertha Wambacher, ambas as dúas físicas austríacas, recibiron o Premio Lieben da Academia austríaca de Ciencias polo seu traballo en observacións de raios cósmicos cunha técnica de emulsión fotográfica.[33][34]
1939: A física francesa Marguerite Perey descubriu o francio.[37][38]
Década de 1940
1941: Ruby Payne-Scott uniuse o Laboratorio de Física do Radio de CSIRO do Goberno de Australia; foi a primeira muller radio astrónoma.[39][40]
1945: As matemáticas e físicas americanas Frances Spence, Ruth Teitelbaum, Marlyn Meltzer, Betty Holberton, Jean Bartik e Kathleen Antonelli programaron o computador ENIAC, converténdose nas primeiras programadoras do mundo.[41]
1947: Berta Karlik, física austríaca, recibiu o Premio Haitinger da Academia Austríaca de Ciencias por descubrir os isótopos do ástato, e da existencia deste na natureza como produto de procesos de decaemento naturais.[42][43]
1948: Maria Telkes deseñou o primeiro sistema de calefacción solar para a Casa Solar de Dover, deseñada por Eleanor Raymond.[2]
Década de 1950
1952: Fotografía 51, unha imaxe de difracción de raiosX do ADN tomada por Raymond Gosling en maio de 1952, cando traballaba como estudante baixo a supervisión de Rosalind Franklin. Foi unha proba fundamental para identificar a estrutura do ADN.[44]
1956: A física Chien-Shiung Wu dirixiu un experimento de física nuclear.[45] O experimento, chamado experimento Wu, contradice a hipotética lei de conservación da paridade. Este descubrimento deu como resultado que os seus colegas Tsung-Dao Lee e Chen-Ning Yang gañasen o premio Nobel de física en 1957.[46]
1972: Sandra Faber converteuse na primeira muller en formar parte do persoal do Observatorio Lamber a Universidade de California, Santa Cruz.[58]
1973: A física americana Anna Coble foi a primeira muller afroamericana en recibir un doutoramento en biofísica, completando a súa disertación na Universidade de Illinois.[59]
1974: A física Mary K. Gaillard realizou a predición da masa do quark encantado con anterioridade ao seu descubrimento (con B. W. Le).[60]
1980: A xeofísica nixeriana Deborah Ajakaiye converteuse na primeira muller africana nomeada profesora de física.[62][63] Foi a primeiro muller elixida na Academia Nixeriana de Ciencia, e a primeiro muller decana de ciencia en Nixeria.[64]
1983: Inmaculada Paz-Andrade converteuse na primeira catedrática de Física na USC. En 1992 foi a primeira muller galardoada coa Medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Física (RSEF).[65]
1983: A física e astronauta Sally Ride converteuse na primeira muller estadounidense en viaxar ao espazo.[66]
1992: Crease o Daphne Jackson Trust co legado da física británica Daphne Jackson, co fin de axudar as persoas talentosas a regresar as súas carreiras STEM.[67]
Década de 2000
2000: Mildred Dresselhaus converteuse en directora da Oficina de Ciencia no Departamento de Enerxía dos Estados Unidos.[68]
2000: Claudine Hermann cofundou a plataforma Femme & Sciences con Huguette Delavault.[69]
2000: A astrofísica venezolana Kathy Vivas presentou o seu mapa de estrelas RR Lyrae, proporcionando idea á estrutura e historia da galaxia de Vía Láctea.[70]
2001: Lene Hau e o seu equipo lograron deter un raio de luz completamente.[71]
2002: Creación do Grupo Especializado de Mujeres en Física seguindo as recomendacións da IUPAP (International Union of Pure and Applied Physics) e da Comisión Europea, cos obxectivos de aumentar a presenza de mulleres en física, visibilizar os seus logros e defender os intereses e a igualdade de dereitos e oportunidades das físicas.
2003: A xeofísica americana Claudia Alexander foi responsable das etapas finais de Proxecto Galileo, unha misión de exploración espacial que acabou no planeta Xúpiter.[73]
2003: Deborah S. Jin e o seu equipo foron os primeiros en condensar pares de átomos fermiónicos.[74]
2005: A galega Mar Capeáns foi a primeira muller española en formar parte do persoal do CERN.[75]
2006 María Ángeles López Agüera é elixida decana da Facultade de Física da USC, e convértese na primeira muller en ocupar este cargo nunha facultade de ciencias na USC.[76]
2007: A física Ibtesam Badhrees foi a primeira muller de Arabia Saudita na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN).[77]
Década de 2010
2011: A astrofísica americana e de orixe taiwanés Ma Chung-Pei liderou un equipo de científicos que descubriron varios dos buratos negros máis grandes coñecidos de 2011 a 2016.[78]
2013: Marcia Barbosa recibiu o Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia.[80]
2014: A física teórica americana Shirley Anne Jackson recibiu a Medalla Nacional de Ciencia. Jackson foi a primeira muller afroamericana en recibir un doutoramento no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), e a primeira muller en presidir a Comisión Nuclear Reguladora dos EE.UU.[81][82][83]
2015: Rabia Salihu Sa'id recibiu o Premio da Fundación Elsevier para científicas novas no mundo en desenvolvemento.[84]
2016: Gabriela González foi unha dos catro científicos de LIGO que anunciaron a primeira observación ondulatoria gravitacional. Foi elixida pola revista Nature como unha das 10 figuras máis importantes no mundo da ciencia.[86]
2016: A misión espacial Gaia, na que participan as astrofísicas galegas Ana Ulla da Uvigo e Minia Manteiga da UDC, obtén a imaxe máis completa da Vía Láctea.[87]
2017: A profesora da USC Dolores Cortina foi elixida coordinadora do experimento R3B, dedicado ao estudo da estrutura nuclear e o funcionamento das estrelas.[88]
2018: As astrofísicas británicas Hiranya Peiris e Joanna Dunkley e a cosmóloga Licia Verde formaron parte do equipo que recibiu o Premio Breakthrough en Física Fundamental polas súas contribucións a "mapas detallados do universo temperán que mellorou o noso coñecemento da evolución do cosmos e as flutuacións que sementaron a formación de galaxias".[90]
2018: A física galega Montse Calleja recoñecida como unha das científicas españolas máis importantes, dentro da chamada Selección Española da Ciencia.[91]
2018: A astrofísica Jocelyn Bell Burnell recibiu o premio especial Breaktrough en Física Fundamental, polos seus logros científicos e polo seu liderado inspirador. Cos cartos do premio, Bell Burnell creou unhas bolsas para contrarrestar o "nesgo inconsciente" na comunidade da física.[92]
2018: A física alemá Petra Rudolf foi nomeada Presidenta da Sociedade Europea de Física (EPS).[95]
2018: Emma Chapman recibiu o Premio Athena da Royal Society polo seu traballo para terminar co acoso sexual e o acoso escolar no mundo académico.[96]
2018: Jess Wade, a física que escribe artigos na Wikipedia dedicados a mulleres e minorías na ciencia foi elixida pola revista Nature como unha das dez persoas máis influentes na ciencia.[97]
2019: A profesora da USCElena G. Ferreiro foi nomeada presidenta da xunta directiva do novo proxecto europeo dos estudos sobre a interacción forte STRONG-2020.[98][99]
2019: A física Susana Marcos recibe o Premio Nacional de Investigación 2019.[100]
2019: A física Sonia Contera publica o libro Nano Comes to Life: How nanotechnology is transforming Medicine and the Future of Biology
2019: A matemática Karen Uhlenbeck converteuse na primeira muller en gañar o Premio Abel polo seu traballo en ecuacións en derivadas parciais, de grande impacto en análise, xeometría e física matemática.[101]
2020: A física Neus Sabaté foi galardoada co Premio Física, Innovación e Tecnoloxía outorgado pola Real Sociedad Española de Física (RSEF) e a Fundación BBVA.[103]
2020: A profesora da USC Maite Flores, recoñecida co Premio de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia en 2019, é nomeada secretaria da Sociedad Europea de Óptica.[104][99]
Bermejo Patiño, M.R., González Louro, L., González Noya, A. M., Romero,M.J., Romero, C., Pedrido Castiñeiras, R., Martínez Calvo, M. (2007). "As mulleres e o sistema periódico"(PDF). Boletín das ciencias (64): 33–34. ISSN0214-7807.