física británica From Wikipedia, the free encyclopedia
Jessica Alice Feinmann Wade, máis coñecida como Jess Wade, nada en Londres en 1988, é unha física británica, investigadora no laboratorio Blackett, no Imperial College de Londres.[1]
Nome orixinal | (en) Jessica Alice Feinmann Wade |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1988 (35/36 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | Imperial College London - Doutora en filosofía (–2016) South Hampstead High School (en) |
Tese académica | Nanometrology for controlling and probing organic semiconductors and devices (en) (2016 ) |
Director de tese | Ji-Seon Kim (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | física |
Empregador | King's College de Londres (2016–2017) Imperial College London |
Membro de | |
Influencias | |
Familia | |
Nai | Charlotte Feinmann |
Premios | |
| |
Páxina web | imperial.ac.uk… |
A súa investigación céntrase na creación de díodos emisores de luz (LEDs) baseados en polímeros.[1] É moi coñecida polo seu compromiso público co equilibrio de xénero nas áreas de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM), especialmente no que se refire á promoción da física entre as nenas.[2][3][4] Inspirada por Emily Temple-Wood escribe en Wikipedia sobre científicas, unha cada día.[5]
En 2017, Wade gañou o premio Robin Perrin de ciencia dos materiais do Instituto de Materiais, Minerais e Minería (IOM3). Ese mesmo ano outorgóuselle a Medalla Julia Higgins do Imperial College, en recoñecemento do seu traballo para apoiar a igualdade de xénero.[6]
En 2018, a Medalla e Premio Daphne Jackson do Instituto de Física (IOP).[7] E no mesmo ano, a revista Nature incluína entre as dez persoas máis importantes no campo das ciencias.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.