Montserrat Calleja Gómez, nada en Ourense o 20 de abril de 1973,[1] é unha física galega especializada en nanotecnoloxía e biosensores, é unha investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Microelectrónica de Madrid.[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaMontserrat Calleja Gómez
Biografía
Nacemento22 de abril de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónChamba district (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto de Micro y Nanotecnología (en) Traducir, CSIC Scientific Researcher (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Dialnet: 3184905
Pechar

Traxectoria

Nos seus primeiros anos viviu primeiro en Cercedilla e logo na Coruña. Estudou Ciencias Físicas na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid cunha tese na área de nanotecnoloxía.[3][4]Grazas a unha bolsa postdoctoral traballou no Microelectronics Center (MIC), en Dinamarca, con Annia Boysen. Tamén fixo estadías de investigación en Italia e o Xapón.

É cotitular de dez patentes[5], publicou 53 artigos, dous deles en Nature Nanotechnology. É a xefa do grupo de investigación Bionanomechanics Lab, no CSIC.[6] Liderou o proxecto NANO FOR CELLS, unha das prestixiosas Starting Grant concedida polo Consello Europeo de Investigación, que ten como obxectivo o estudo das propiedades mecánicas das células e a súa relación co cancro.[7]Máis tarde centrouse no proxecto Liquid Mass, de estudo das proteinas a través de sensores nanomecánicos.[3]

É cofundadora da empresa Mecwins, pioneira na comercialización de biosensores nanomecánicos.

Premios e recoñecementos

  • Concedéuselle o premio Miguel Catalán 2012 para investigadores menores de 40 anos.[8]
  • En 2018 foi recoñecida pola revista QUO como unha das científicas españolas máis importantes, dentro da chamada Selección Española da Ciencia.[9]
  • En 2021 é elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.[10]
  • En 2022 é galardoda co Premio Rei Jaume I de novas tecnoloxías.[11]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.