temáxica literaria que trata sobre o Rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda que van á busca do Santo Graal From Wikipedia, the free encyclopedia
A Materia de Bretaña, denominada ás veces ciclo artúrico ou ciclo bretón, é unha temática literaria que trata sobre o Rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda que van á busca do Santo Graal. É unha das temáticas que máis libros produciu na literatura universal. A Materia de Bretaña, xunto coa Materia de Francia (que se refire ás lendas de Carlomagno) e a Materia de Roma (que inclúe materiais da mitoloxía clásica), era un dos tres grandes ciclos literarios da literatura medieval. O poeta francés do século XII Jean Bodel creou o nome segundo as liñas do seu poema épico Chanson de Saisnes:
Comunmente, crese que esta historia lendaria creouse para que servise de base para o patriotismo mitolóxico da illa británica.
A Historia Brittonum, a fonte máis antiga que se coñece da historia de Bruto de Bretaña, puido crearse para posuír unha xenealoxía de varios príncipes galeses do século IX. Considérase que foi Nennio o autor desta primeira fonte, mais non se sabe con seguridade porque existiron varias recensións. Esta historia logrou grande aceptación porque o seu autor creou unha unión entre Bruto e a diáspora dos heroes tras a Guerra de Troia, o cal foi un valioso material usado polos posteriores mitógrafos como Godofredo de Monmouth, Michael Drayton, e John Milton, autores que poderían utilizar isto para conectar as Illas Británicas coa era heroica da literatura grega. Así, por exemplo, Virxilio uniu a fundación mítica de Roma coa Guerra de Troia na Eneida. Godofredo de Monmouth tamén presentou a imaxinaria historia segundo a cal supostamente o nome da tribo celta dos Trinovantes proviña de Troi-novant, isto é, a "Nova Troia".
Outras versións máis especulativas unen a mitoloxía celta con varios gobernantes e incidentes narrados por Godofredo de Monmouth na súa Historia Regum Britanniae. Tamén se suxeriu que, por exemplo, Leir de Bretaña, quen posteriormente sería O rei Lear de Shakespeare, era orixinalmente o deus mariño irlandés Lir. Moitas deidades celtas foron identificadas con personaxes artúricos, como por exemplo a fada Morgana, que se identificou coa deusa irlandesa Mórrígan. Moitas destas identificacións viñeron das especulacións da comparación de relixións a finais do século XIX, algo que se cuestionou posteriormente.
Ao parecer, William Shakespeare estaba moi interesado na historia lendaria de Bretaña, así como tamén nas súas variantes máis escuras. As obras de Shakespeare conteñen varias historias relacionadas con estes reis lendarios, como o Rei Lear e Cimbelino. Crese que o mestre galés de Shakespeare, Thomas Jenkins, foi quen lle presentou este material, e tamén quizais o animou a ler a Godofredo de Monmouth. Estas historias tamén figuran n`As Crónicas de Inglaterra, Escocia e Irlanda de Raphael Holinshed, quen tamén parece ser fonte do Macbeth de Shakespeare. Un mestre galés aparece como o personaxe de Sir Hugh Evans n`As Alegres Comadres de Windsor.
Outros autores tamén usaron as primeiras historias de Artur e as fontes pseudo-históricas da Materia de Bretaña. Os escoceses, por exemplo, formularon unha historia mítica nas liñas reais dos Pictos e os Dalriada. A pesar de seren liñas veraces (a diferenza das de Godofredo), as orixes son pouco precisas e incorporan detalles tanto da historia mítica bretoa como da irlandesa. A historia de Gabhran, en especial, incorpora elementos de ambas as mitoloxías.
O ciclo literal artúrico é a parte mellor coñecida da Materia de Bretaña. O seu recoñecemento débese a que narra dúas historias entrelazadas que intrigaron a varios autores posteriores. Unha trata sobre Camelot, usualmente visualizada como unha utopía chea de virtude cabaleiresca, algo que posteriormente sería revertido polos erros do rei Artur e Sir Lancelot. A outra historia fala sobre das buscas do Santo Graal feitas por varios cabaleiros, algunhas que foron exitosas (como as de Galahad ou Percival), namentres que outros fallaron (como Sir Lancelot).
As historias medievais de Artur e os seus cabaleiros están cheas de temas cristiáns, os cales tratan sobre a destrución dos virtuosos planos humanos debido ás fallas morais dos personaxes, e a busca dunha importante reliquia cristiá. Finalmente, as relacións de amor cortés entre os personaxes, como Lancelot e Xenevra, ou entre Tristán e Iseu. Posteriormente houbo unha tendencia de unir as historias do Rei Artur e os seus cabaleiros coa mitoloxía celta, en versións reconstruídas a principios do século XX, plenamente románticas.
Ademais, é posible considerar a literatura artúrica en xeral, e especialmente aquelas historias acerca do Graal, como unha alegoría do desenvolvemento humano e o crecemento espiritual (un tema explorado por Joseph Campbell, entre outros).
Neste apartado inclúense as fontes orixinais a partir das cales se desenvolve a Materia de Bretaña ou, dito doutra maneira, a literatura artúrica.
Consérvanse catro textos en prosa da literatura galego-portuguesa medieval que desenvolven as lendas en torno ao Rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda:
Amais, algúns textos líricos (lais e algunhas referencias noutras cantigas) e outros textos en prosa tamén presentan unha forte presenza da materia de Bretaña.
Xa na literatura galega contemporánea tamén aparece tratada a Materia de Bretaña, principalmente en narrativa. Na noite estrelecida (1926) é unha obra poética de Ramón Cabanillas, conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas. O mesmo autor publicou en 1922 a obra O cabaleiro do Sant Grial. Merlín e familia (1955) é un texto narrativo de Álvaro Cunqueiro que narra a estancia de Merlín nas terras de Miranda. Amor de Artur é unha novela de Xosé Luís Méndez Ferrín. Outras novelas en lingua galega que falan da Materia de Bretaña son Irmán rei Artur (Carlos González Reigosa, 1987), Galván en Saor (Darío Xohán Cabana, 1989) e Morgana en Esmelle (Begoña Caamaño, 2012).
Noutras ocasións, a materia de Bretaña é tomada como pretexto para desenvolver novas tramas. Así acontece na novela negra A procura do falso Grial (Manuel Forcadela, 2006).
|
|
|
|
|
|
Autor | Século | Obras |
---|---|---|
Béroul | XII | Tristan |
Chrétien de Troyes | XII | Erec e Enide, Cligès, Lancelot, o cabaleiro da carreta, Yvain, o cabaleiro do león, Perceval, a historia do Graal |
Geoffrey Chaucer | XIV | Os contos de Canterbury |
Geoffrey of Monmouth | XII | Historia Regum Britanniae |
Hartmann von Aue | XII | Erec .. Ywain |
Layamon | XIII | Brut |
Thomas Malory | XV | Le Morte d'Arthur |
Marie de France | XII | O Lais de María de Francia: Lai de Yonec, Lai de Frêne, Lai de Lanval (...) |
Nennio | IX | Historia Brittonum |
Robert de Boron | XII | Estoire dou Graal |
Taliesin | VI e XIV | Libro de Taliesin |
Thomas of Britain | XII | Tristán e Iseu |
Wace | XII | Roman de Brut, Roman de Rou |
Wolfram von Eschenbach | XII | Parzival |
Raoul de Houdenc | XII | Méraugis de Portlesguez |
Païen de Maisières | XIII | La Demoiselle à la Mule (tamén chamado La Mule sans Frein) |
Rustichello da Pisa | XIII | Roman de Roi Artus, Gyron le courtois, Meliadus de Leonnoys (Meliadus) |
Ulrich von Zatzikhoven | XIII | Lanzelet |
|
|
Obras | Século |
---|---|
L'Âtre Périlleux (on Gawain) | XIII |
Blandin de Cornouaille | XIV |
Le Chevalier à l'Épée | |
Le Chevalier au Papegau | |
La Demoiselle à la Mule | XII |
Gliglois (heroe que entra ao servizo de Galván) | |
Hunbaut | |
A vida de Caradoc | |
Ciclo de Lanzarote-Graal | XIII |
O Mabinogion (en galés medieval) | |
Ciclo Pos-Vulgata (posterior a Lanzarote-Graal) | XIII |
Les Merveilles de Rigomer (Lanzarote, Galván e 58 cabaleiros) | XIII |
Perlesvaus ou le Haut Livre du Graal | XIII |
Le Roman de Jaufré | |
Sir Gawain e o Cabaleiro Verde | |
O romance en prosa Tristán |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.