Remove ads

Tristán e Iseu[1] é unha lenda con múltiples versións que conta a historia do amor adúltero entre Tristán, un cabaleiro córnico, e Iseu, unha princesa irlandesa.

Tristán e Iseu é un cantar de xesta que ten lugar na Idade Media en Europa nos países celtas na época das cruzadas e narra as fazañas dun heroe que comete unha grave traizón por culpa dun amor forzado por unha beberaxe máxica. El era sobriño do rei Marco de Cornualla, quen lle mandou traer a Iseu de regreso de Irlanda para casar co rei. Porén, Tristán e Iseu namóranse.

Aínda que é anterior, foi moi influenciada pola narración dos amores de Lanzarote do Lago e Xenevra, personaxes da lenda artúrica. Tivo un forte impacto na arte e literatura occidental desde a súa primeira aparición no século XII. O medievalista francés Joseph Bédier afirma que todas as versións da lenda teñen a súa orixe nun poema bretón ou córnico adaptado por Tomé de Inglaterra ao francés do que se conservan oito fragmentos.

Consérvanse fragmentos dun Tristán e Iseu xa en galego-portugués: o livro de Tristán é un manuscrito de fins do século XIV.[2]

Remove ads

O ciclo de lendas de Tristán

Thumb
Tristán e Iseu (Louis Rhead).

Tristán fai a súa primeira aparición en 1120, no folclore Céltico que circula no norte de Francia. Aínda que as historias máis vellas referentes a Tristán xa se perderon, algunhas derivadas delas aínda existen. As dúas máis famosas son os contos do poeta anglo-normando Thomas e do poeta francés Béroul. Chrétien de Troyes tamén clama que os seus traballos tamén escribiron esta versión da historia, mais non existen evidencias físicas que o comproben.

Igual que outros cabaleiros da mesa redonda, Tristán e a súa historia varían de poeta en poeta. Nunha historia, Tristán é un cabaleiro con sobrepeso, que constantemente obxecto de burlas, mais que fascinou por derrotar a Gran Serpe que garda a cova de Micheal. Na obra de Béroul, Tristán é tan ardido como calquera outro cabaleiro, mais fíase de trucos e non mantén os estándares morais esperados dun cabaleiro. Por isto, ocasionalmente Tristán está en segundo lugar no que se refire á valentía, soamente precedido por Lancelot.

No conto de Béroul, Tristán viaxa a Irlanda para traer de regreso a Iseu a loura para que a despose o seu tío o rei Marco. No camiño, inxiren accidentalmente unha apócema de amor que causa que esta parella de mozos se namore desesperadamente durante tres anos. A pesar de que Iseu casa con Marco, ela e Tristán están forzados pola poción para se encontrar e cometer adulterio. Aínda cando o típico personaxe nobre de lenda medieval debería estar avergonzado por tales actos, a poción do amor que os controla libera a Tristán e a Iseu desta responsabilidade. Deste modo, Béroul represéntaos como vítimas. Os conselleiros do rei intentan xulgalos por adulterio, mais a parella emprega trucos para preservar a súa inocencia. Finalmente, o efecto da poción termina e os dous amantes están libres de continuar. O final de Béroul é moral e ambiguo. Difire dos seus contemporáneos como Chrétien de Troyes e engade un pouco de mística á lenda de Tristán. Ademais, de acordo co mito céltico, Tristán posúe un cabalo chamado Bel Joeor.

A versión de Thomas etiquetouse frecuentemente como "cortés" porque privilexia a queixa lírica, a análise do sentimento amoroso, e unha certa introspección. A acción é moi reducida con respecto ao relato de Béroul e vese en todo momento supeditada ás pulsións afectivas dos personaxes; estes ademais adquiren unha dimensión cortesá da que carecen na versión de Béroul: así, evítanse os episodios demasiado escabrosos e realistas, como o de Iseu cos leprosos; insístese nas cualidades de Tristán como tanxedor de arpa e descríbese con profusión os fastos do cortexo da raíña, as estatuas da sala das imaxes etc.

Porén, nesta versión os monólogos de Tristán inciden en tres aspectos: a busca da felicidade; o desexo de cambio, a novelté; e os tormentos que causan os celos e o desexo sexual, que son para Thomas a tumba do amor humano. No seu epílogo preséntase como consolo aos sufrimentos do amor, e exemplo de como escapar das trampas e engins do desexo.

Remove ads

Obras derivadas

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads