Gorlois
From Wikipedia, the free encyclopedia
Gorlois (en lingua galesa: Gwrlais) foi un lendario Duque de Cornualla e o primeiro marido de Igraine antes de casar con Uther Pendragon, de acordo coa lenda artúrica. Versións posteriores atribúenlle varios fillos, os máis famosos deles eran Elaine, Morgause e Morgana.
Gorlois | |
---|---|
![]() | |
Tipo | persoa que podería ser ficticia e personaxe lendario |
Parte de | ciclo artúrico |
Obra | |
Presente na obra
| |
Biografía | |
Sexo | home |
Familia | |
Cónxuxe | Igraine |
Fillo/a | Morgana, Élaine e Morgause |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] |
Consonte a Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth, Uther namorou de Igraine e declaroulle a guerra a Gorlois para chegar a ela. Uther pediulle a Merlín axuda para se atopar con ela, e Merlín lanzou un feitizo que transformou a Uther na aparencia de Gorlois. Coa aparencia do seu marido, Uther achegouse a Igraine doadamente e durmiu con ela, que concibiu a Artur. Sen o coñecemento de ningún deles, o Gorlois real foi asasinado no seu castelo esa mesma noite. Tempo adiante, Igraine casou con Uther.
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.