obra literaria de Darío Xohán Cabana From Wikipedia, the free encyclopedia
Galván en Saor é unha novela en lingua galega escrita por Darío Xohán Cabana e publicada en 1989, ano en que gañou o Premio Xerais. A novela foi traducida ao castelán por Vicente Araguas, sendo publicada por Huerga y Fierro en 1996[1]. Foi reeditada máis dunha ducia de veces e incluída, co número 73, na Biblioteca Galega 120.
Galván en Saor | |
---|---|
Autor/a | Darío Xohán Cabana |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Tema(s) | Materia de Bretaña |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1989 |
Formato | 14,5 x 22 cm Rústica cosido a fío |
Páxinas | 184 |
ISBN | 978-84-9782-328-9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xerais publicou en 2023 unha nova edición, 184 páxs. ISBN 978-84-1110-441-8
Galván é un viaxeiro que chega a unha pousada, onde lle dan acollida. Esta pousada está ambientada nun mundo real e contemporáneo, mais desde ela vai a un mundo fantástico, no que a súa motocicleta se converte en cabalo, e onde existen elementos medievais como castelos e batallas, e elementos mitolóxicos como unha vila asolagada baixo unha lagoa e ananos. Alí coñece a Silvania, unha princesa coa que vive unha intensa historia de amor e unha aventura contra sete cabaleiros.
“ | A taberna da Inés estaba escura e sen xente na parte que para taberna fora prevista, pero oíase un ruxe-ruxe de conversa e víase luz polo cristal esmerilado da porta da cociña adxacente. Anoitecía fóra, e venteaba e chovía fío. | ” |
A trama entronca coa Materia de Bretaña. Galván é o sobriño do rei Artur, e chega a Saor logo de que ao seu tío lle dese por buscar o santo Graal. En Saor coincide co mago Merlín.
A novela está narrada en terceira persoa cun narrador omnisciente. Son frecuentes as descricións dos personaxes e os espazos, e inclúense varias escenas eróticas entre Galván e Silvania.