Libro de Taliesin

manuscrito galés do século XIV From Wikipedia, the free encyclopedia

Libro de Taliesin

O Llyfr Taliesin (Libro de Taliesin en galés) é un dos manuscritos galeses máis famosos. Está datado na primeira metade do século XIV (outros autores propoñen o ano 1275),[1] aínda que se cre que a maioría dos seus poemas son moito máis antigos. O manuscrito está custodiado na Biblioteca Nacional de Gales de Aberystwyth coa sinatura Peniarth MS 2. Consérvase incompleto logo de que se perdesen algunhas follas, incluída a primeira.[2]

Facsímile do folio 13 do manuscrito do Llyfr Taliesin.

O volume contén unha colección dalgúns dos máis antigos poemas en galés, moitos deles atribuídos ao poeta case mítico Taliesin, activo durante o século VI.[1] Outros poemas reflicten un estilo particular, herdeiro tanto dos textos latinos como da tradición celta de Gales.[3] Parece que un único amanuense compuxo o volume,[4] probabelmente en Glamorgan, aproveitando outros textos e atribuíndo os poemas anónimos a Taliesin, que para entón representaba o paradigma do sabio profeta e mago.[1]

No manuscrito recóllense tamén varios poemas galeses, entre os que destacan:

  • Armes Prydein (A profecía de Bretaña), atribuído a un clérigo do sur de Gales desexoso de conseguir unha alianza co rei da futura Inglaterra levando o estandarte de san David. Este texto parece referirse á derrota no ano 937 dunha coalición contra o rei Aethelstan de Inglaterra na batalla de Brunanburh.[5]
  • Preiddeu Annwfn (O botín de Annwfn), que relata a travesía do Rei Artur e os seus guerreiros a través do mar cara a Caer Siddi (castelo das Fadas) para gañar diversos tesouros, como un caldeiro máxico
  • Varias elexías a Urien, Owein, Cunedda e Dylan Eil Ton, heroes, guerreiros e gobernantes galeses.

Tamén inclúe algunhas das primeiras mencións en lingua vernácula ás fazañas de Hércules e Alexandre Magno.[6] O estilo dos poemas varía entre o profético, mitolóxico, relixioso e histórico.[1]

Notas

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.