Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Godofredo de Monmouth (Geoffrey of Monmouth en inglés, e Gruffudd ap Arthur ou Sieffre o Fynwy en galés) (c. 1100 - 1155) foi un crego da Idade Media, e un dos máis importantes historiadores, contribuínte ao estudo da historia británica e ao desenvolvemento das lendas do rei Artur.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1090 ↔ 1110 Monmouth (Reino de Gwent) |
Morte | c. 1155 (54/55 anos) Llandaff Cathedral (Kingdom of Morgannwg) |
Anglican Bishop of St Asaph (en) | |
21 de febreiro de 1152 – 1155 | |
Bispo diocesano | |
1151 – ← Gilbert (en) – Richard (en) → Diocese: ancient diocese of Saint Asaph (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1152–), sacerdote católico, escritor, historiador, poeta |
Consagración | Teobaldo de Bec (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:Geoffrey of Monmouth, Monmouth, Geoffrey Library of the World's Best Literature |
Descoñécese onde naceu, pero probabelmente tiña ascendencia britana e naceu en Monmouth, en Gales. Certamente ten nexos de unión importantes con Monmouth, como suxire o seu nome, e segundo as descricións de Caerleon na Historia Regum Britanniae indica unha familiaridade con esta rexión. Estudou na Universidade de Oxford, onde coñeceu o arquidiácono Walter de Oxford. Desde aproximadamente 1129 até 1150 serviu como cóengo agostiño secular na escola de San Xurxo, castelo de Oxford, e seguramente foi profesor.
O 11 de febreiro de 1152 Godofredo é ordenado como sacerdote, e dez días despois o arcebispo Theobald consagrou a Geoffrey como bispo de San Asaph.
Godofredo de Monmouth escribiu varios libros, todos en latín, a lingua da escola e da literatura en Europa durante a Idade Media. O primeiro en aparecer foi Prophetiae Merlini (as profecías de Merlín), escrito probabelmente antes de 1135, considerado o primeiro libro escrito sobre o famoso mago noutra lingua que non fose a galesa. Antes deste libro, o mago Merlín era coñecido como "Myrddin".[1]. As profecías contidas neste libro foron tomadas moi en serio, e incluso foron citadas tres séculos despois.[2]. As profecías, que nun principio se publicaron de forma independente, foron incorporadas posteriormente á redacción da Historia Regum Britanniæ.[3].
O seguinte libro foi a Historia Regum Britanniæ (Historia dos reis de Bretaña), o seu traballo máis coñecido polos lectores modernos. O traballo relata a historia británica desde o primeiro asentamento por Bruto de Troia, descendente do heroe cabalo de troia Eneas, ata a morte de Cadwallader no século VII, pasando polas invasións de Xulio César, e unha das primeiras narracións do rei Artur. Godofredo de Monmouth advirte que a súa obra está baseada en parte nun antigo libro de Gales, aínda que poucos consideran certa esta aseveración. Gran parte do libro está baseado na obra do século IX Historia Brittonum, outra chamada Historia ecclesiastica gentis Anglorum, e a obra do século VI De Excidio Britanniæ; complementadas con lendas galesas e romanas.[4].
Máis tarde Godofredo de Monmouth escribiu Vita Merlini (A vida de Merlín), entre 1149 e 1151. Este é a nova versión das antigas tradicións galesas sobre Myrddin. Todos estes libros foron escritos en latín.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.