811: ocorre a batalla de Pliska, entre unha forza bizantina dirixida polo emperador Nicéforo I e un exército búlgaro comandado polo KhanKrum. Os bizantinos son derrotados nunha serie de enfrontamentos que culminan coa morte de Nicéforo I.
813: os bizantinos son duramente derrotados polos búlgaros na batalla de Versinikia.
846: un exército de árabes sarracenos procedentes de África, profanan santuarios cristiáns en Roma, incluíndo tumbas e basílicas.
848 - 852: a marxe oeste do Tíber é anexada á cidade de Roma cunha muralla defensiva, encargada polo Papa León IV, constrúese arredor do que se deu en chamar a Cidade Leonina como resposta defensiva á profanación sarracena de Roma en 846.
850 - 875: os primeiros colonos nórdicos chegan a Islandia.
893: concilio de Preslav, Vladimir-Rasate é destronado e sucedeuno Simeón I; a capital trasládase de Pliska a Preslav; o clero bizantino é expulsado e substituído polo búlgaro. O búlgaro antigo convértese na lingua oficial do país.
895/896: ano da chegada dos maxiares a Pannonia. Este ano é amplamente aceptado como o inicio da "toma de terras" húngara.
842: Samaale convértese en xefe do clan Hashiyah e lanza a conquista de Somalia. Isto facilita colonización Hashiyic da península, desprazando aos pobos cusitas nativos de Somalia.
859: os musulmáns establecen a Universidade de Al Karaouine como madrasa en Fez, Marrocos.
830: a Casa da Sabedoría, unha biblioteca e un instituto de tradución establecido en Bagdad por Al-Ma'mun, califa Abbásida, para transferir o coñecemento de gregos, persas, indios, etc. ao mundo musulmán.
805 - 820: a dinastía Tang estaba baixo o goberno do emperador Xianzong de Tang.
825: Borobudur complétase durante o reinado de Samaratungga.
835: ocorre o Incidente da rosa suave. O emperador Wenzong da dinastía Tang conspira para matar aos poderosos eunucos da corte Tang, pero a trama é frustrada.
851: o comerciante árabe Sulaiman al-Tajir visita o porto chinés de Guangzhou, no sur da China, e observa a fabricación de porcelana, a mesquita islámica construída en Guangzhou, o sistema de hórreos da cidade e como funcionaba a súa administración municipal.
856: complétase Prambanan. Segundo a inscrición de Shivagrha, Rakai Pikatan, o marido de Pramodhawardhani, derrotou a Balaputra.
860: Balaputra, o maharajá de Suvarnadvipa e gobernante de Srivijaya, constrúe o templo e mosteiro budista en Nalanda, India, nos terreos cedidos polo rei Devapaladeva de Pala en Bengala, segundo a inscrición de Nalanda.
863: o autor chinés Duan Chengshi describe o comercio de escravos, o comercio de marfil e o comercio de ámbar gris de Somalia no leste de África.
Abbas Ibn Firnas, 810-887: científico andaluz, famoso por ser un excelente fabricante de lentes, e inventor de reloxos de area, planetarios e os primeiros antepasados documentados que se coñecen ata a data do paracaídas (852) e do ala delta (878), entre outros moitos inventos e melloras.
Primeira imaxe dunha moa rotativa nunha fonte europea: a ilustración mostra a manivela, o primeiro uso coñecido dunha manivela en Occidente. Libro de salmos de Utrecht, 843.
O primeiro libro impreso coñecido, o Sutra do Diamante, impreso na China mediante a impresión en xilografía no ano 868.