Maruchi Fresno
actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia
María de Lourdes Gómez-Pamo López del Fresno, coñecida artisticamente como Maruchi Fresno, nada en Madrid o 14 de febreiro de 1916 e finada no Escorial o 19 de xullo de 2003[1] [2], foi unha actriz española.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1916 Madrid, España |
Morte | 19 de xullo de 2003 (87 anos) O Escorial, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Justo de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de teatro |
Período de actividade | 1934 - |
Familia | |
Pai | Fernando Gómez-Pamo del Fresno |
|
Traxectoria
Filla do actor e caricaturista Fernando Fresno, os seus primeiros contactos co mundo da escena producíronse cando aínda non finalizara os seus estudos elementais, debutando no cine á idade de 18 anos coa película El agua en el suelo, de Eusebio Fernández Ardavín.
Licenciouse en Ciencias químicas, e ao comezo da Guerra Civil emigrou á Arxentina, onde continuou a súa carreira teatral.
Unha vez finalizada a contenda regresou a España e converteuse nunha das figuras máis sólidas do panorama artístico do momento, tanto en cine como en teatro. Na pantalla grande participou en películas como Nostalgia, (1942), de Juan de Orduña, Altar mayor (1943), de Gonzalo Delgrás, Reina santa (1946), de Rafael Gil, Serenata española (1947), de Juan de Orduña, Brigada criminal (1950), de Ignacio Iquino, Balarrasa (1950) ou Catalina de Inglaterra (1951), estas dúas últimas de José Antonio Nieves Conde. En teatro cultivou numerosos éxitos, por exemplo con María Estuardo e O soño dunha noite de verán (1950).
En 1953 contraeu matrimonio co director de teatro e escritor Juan Guerrero Zamora, co que tivo un fillo. Separouse de Guerrero Zamora anos máis tarde.
A partir dos anos 60, a súa presenza cinematográfica foise reducindo progresivamente. Interveu en Algo amargo en la boca (Eloy de la Iglesia, 1969) ou La regenta (Gonzalo Suárez, 1974), pero seguiu mantendo a súa actividade tanto a nivel teatral como televisivo.
Durante anos, interpretou sobre as táboas El milagro de Anna Sullivan (1961), no papel de "Kate Keller", El zapato de raso (1965), de Paul Claudel, Águila de blasón, de Valle-Inclán (1966), Fedra (1973), de Miguel de Unamuno, Tauromaquia (1975), de Juan Antonio Castro, Medea (1979), de Eurípides, Mariana Pineda (1982), de Federico García Lorca, Perico Andrónico (1983), de William Shakespeare, ¡Oh Penélope! (1986), de Gonzalo Torrente Ballester e La importancia de llamarse Wilde (1992). Tamén interveu asiduamente nos espazos dramáticos de Televisión Española: Estudio 1 e Novela, así como na serie Clase media, protagonizada por Antonio Ferrandis.
Filmografía
Cine
Ano | Título | Papel | Comentario |
---|---|---|---|
1934 | El agua en el suelo | Marucha Vilaredo | |
1935 | Vidas rotas | Irene | |
1940 | Leyenda rota | Mari-Luz | |
1940 | La última falla | Enriqueta | |
1940 | El famoso Carballeira | ||
1941 | Tierra y cielo | Clara | |
1941 | Una conquista difícil | ||
1942 | Nostalgia | Curtametraxe | |
1943 | Mi adorable secretaria | Marta | |
1943 | Dora la espía | ||
1944 | Altar mayor | Teresa | |
1946 | La pródiga | María | |
1946 | Mar abierto | Carmiña | |
1947 | Reina santa | Sabela de Aragón | |
1947 | Serenata española | Laura Salcedo | |
1947 | Noche sin cielo | Rosa | |
1949 | El capitán de Loyola | Reina Juana | |
1950 | La familia Vila | Carmen | |
1950 | Historia de una escalera | Trini | |
1950 | Brigada criminal | Isabel | |
1950 | Verónica | ||
1951 | Balarrasa | Elena | |
1951 | Catalina de Inglaterra | Catarina de Aragón | |
1952 | La laguna negra | Candela | |
1953 | Vuelo 971 | Carmen Valverde de Galván | |
1954 | Pasaporte para un ángel (Órdenes secretas) | ||
1955 | La lupa | María | |
1958 | Los joyeros del claro de luna | Conchita | |
1959 | Un hombre tiene que morir | Virxe María | |
1959 | Solomon and Sheba | Batxeba | |
1963 | El camino | La Guindilla menor | |
1965 | Diálogos de la paz | Muller histérica | |
1965 | I grandi condottieri | Muller de Xedeón | |
1965 | The Desperate Ones | ||
1969 | Hora cero: Operación Rommel | Señora Rommel | |
1969 | Algo amargo en la boca | Aurelia | |
1969 | Casi jugando | ||
1971 | La novicia rebelde | ||
1975 | La trastienda | Sagrario | |
1975 | La regenta | Marquesa | |
1987 | Laura, del cielo llega la noche | ||
1994 | Continuum | Voz | |
1998 | Pecata minuta | Sor Aurora |
Televisión
- ¡Ay, Señor, Señor!
- Vejez, divino tesoro! (1 de xaneiro de 1995)
- Clase media (1987)
- Teatro Estudio
- La marquesa Rosalinda (26 de marzo de 1981)
- Noche de teatro
- Águila de blasón (17 de maio de 1974)
- Las Tentaciones
- El inverno que viene (2 de novembro de 1970)
- Hora once
- La bella del bosque (13 de abril de 1969)
- Horatio Sparkins (8 de xullo de 1972)
- El Premio
- Palabras en el aire (25 de novembro de 1968)
- Teatro de siempre
- El placer de la honradez (28 de febreiro de 1968)
- Estudo 1
- Don Juan Tenorio (2 de novembro de 1966)
- El teatrito de Don Ramón (1 de xullo de 1969)
- Ocho mujeres (29 de xuño de 1973)
- Una mujer sin importancia (6 de xullo de 1980)
- En Flandes se ha puesto el sol (10 de abril de 1981)
- Mariana Pineda (22 de agosto de 1983)
- Novela
- El hombre herido (8 de agosto de 1965)
- El fin de un largo viaje (4 de abril de 1966)
- Felipe Derblay (27 de novembro de 1967)
- Raffles (11 de marzo de 1968)
- El invernadero (5 de xaneiro de 1976)
- Pequeñeces (8 de marzo de 1976)
- El hombre de los aplausos (10 de xaneiro de 1977)
- Las cerezas del cementerio (11 de abril de 1977)
- Primera fila
- Un marido de ida y vuelta (15 de xaneiro de 1964)
- Gran teatro
- Teatro de familia
- La gran mentira (3 de xullo de 1963)
- Café para dos (14 de xaneiro de 1965)
- La profesora de declamación (25 de febreiro de 1965)
Premios
- Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor actriz principal (1951), por Catalina de Inglaterra.[3]
- Fotogramas de Prata: Mellor intérprete de cine español (1952), por Catalina de Inglaterra.
- Premio da Unión de Actores (1994) a Toda unha vida.
- Medalla ao Mérito Artístico do Concello de Madrid
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.