Remove ads
dramaturgo da antiga Grecia From Wikipedia, the free encyclopedia
Eurípides (en grego, Εὐριπίδης), nado en Salamina en -480 e finado en Pella en -406, é un dos tres grandes poetas tráxicos gregos da antigüidade, xunto a Esquilo e Sófocles.
Nome orixinal | (grc) Εὐριπίδης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 480 a.C. Illa de Salamina, Grecia |
Morte | 406 a.C. Pela, Grecia (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Drama, poesía e filosofía |
Ocupación | escritor de traxedia, poeta, escritor, dramaturgo, filósofo |
Xénero artístico | Traxedia grega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Euripides the Younger |
Pais | Mnesarchus e Cleito |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Euripides and His Age (en) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
|
A súa nai chamábase Klitonis ou Clito e o seu pai Mnesarco ou Mnesárquides. Durante a súa infancia tivo lugar a Segunda Guerra Médica, decisiva para os gregos e o mundo occidental. Parece ser que de raparigo foi copeiro dun grupo de danzantes, con clara significación relixiosa, polo que se supón que a súa educación foi a convencional da súa época. No 466 a. C. cumpriu dous anos de servizo militar. Odiaba a política e era amante do estudo, para o que posuía a súa propia biblioteca privada. Durante un tempo estivo interesado pola pintura, coincidindo co apoxeo do pintor Polignoto en Atenas. Tivo dúas esposas, chamadas Melito e Quérile ou Quérine. Foi amigo de Sócrates, o cal, segundo a tradición, só asistía ao teatro cando se representaban obras de Eurípides. No 408 a. C., decepcionado polos acontecementos da súa patria, implicada na interminable Guerra do Peloponeso, retirouse para a corte de Arquelao I de Macedonia, morrendo dous anos despois en Pella.
Pénsase que escribiu 92 traxedias pero só se conservan 19 delas máis ou menos completas, edas que unha, Reso, se considera apócrifa; o resto das traxedias só se coñecen por aparecer citado o título nalgunha obra contemporánea ou por recollerse algún fragmento. A súa concepción tráxica está moi afastada da de Esquilo e Sófocles. As súas obras tratan de lendas e eventos da mitoloxía dun tempo afastado, moi anterior ao século V a. C. de Atenas, pero aplicables ao tempo en que escribiu, sobre todo ás crueldades da guerra. Os trazos diferenciais da súa obra son os seguintes:
Eurípides é coñecido principalmente por reformar a estrutura formal da traxedia tradicional, mostrando personaxes femininos fortes e escravos intelixentes, e por satirizar a moitos heroes da mitoloxía grega. As súas obras parecen modernas comparadas coas dos seus contemporáneos, centrándose na vida interna e as motivacións dos seus personaxes dunha forma antes descoñecida para o público grego.
As obras conservadas deste autor son:
A sociedade ateniense da época debatíase entre dúas opcións: a estabilidade dos valores conservadores, representada por Esquilo e Aristófanes, e o revisionismo racionalista, representado por Eurípides, Sócrates e os sofistas. A longa Guerra do Peloponeso contribuíu á derrota da primeira opción, ao comprobar que as vellas receitas de outrora non servían xa para o futuro[3]. É notoria a animadversión de Aristófanes contra Eurípides, ao que ataca nas súas comedias, especialmente en As ras, As Tesmoforias e As asembleístas, con chistes e alusións de intención malévola, como a presunta baixa extracción social da nai de Eurípides, á que cualifica como verduleira, cando a realidade era que pertencía a unha familia acomodada, segundo indican fontes serias como Filócoro[4]. As razóns desta teima persecutoria poderían ser dúas:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.