Remove ads
primeira raíña consorte de Henrique VIII de Inglaterra From Wikipedia, the free encyclopedia
Catarina de Aragón, Princesa de España (16 de decembro, 1485 - 7 de xaneiro, 1536) foi a primeira raíña consorte de Henrique VIII de Inglaterra. Foi tamén a nai da raíña María I. Catarina, durante a xuventude, foi efusivamente aclamada pola súa beleza e intelixencia. Conversaba tanto no seu español nativo, tanto en latín, francés e, máis tarde, inglés. Como raíña, o seu tempo foi maioritariamente empeñado en obras de caridade, o que lle conferiu o amor do pobo inglés, sendo, até hoxe, a raíña consorte máis amada por eles. O seu túmulo en Peterborough nunca está sen flores, a pesar de pasados case cinco séculos dende a súa morte.
Catarina naceu en Alcalá de Henares e foi a filla máis nova dos Reis Católicos Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela. En 1501, Catarina casou con Artur Tudor, Príncipe de Gales, como estaba contratado dende a infancia dos dous. Ao casar foi vivir para o País de Gales mais pouco tempo despois ambos cairán vítimas dunha epidemia, posibelmente cólera. Catarina sobreviviu, mais Artur non, tornándoa nunha viúva. De acordo co seu propio testemuño o casamento non fora consumado, o que foi a base da dispensa concedida polo papa Xulio II para unha segunda unión co cuñado Henrique, entón Duque de York e herdeiro do trono.
O casamento ocorreu apenas a 11 de xuño de 1509 despois da ascensión ao trono de Henrique VIII. Catarina era extremamente popular para o pobo, quer como Raíña, quer como Princesa de Gales. En 1513 chegou mesmo a servir como rexente da coroa durante unha ausencia de Henrique VIII a Francia. Catarina deu a luz un rapaz, Henrique, que morreu pouco tempo despois. O seu último parto en 1516 resultou nunha filla, a futura María I de Inglaterra.
Despois de María, Catarina non volveu a concibir, o que deixou a Henrique preocupado coa sucesión. A guerra das rosas como consecuencia de inestabilidade dinástica estaba aínda ben presente na memoria colectiva. Particularmente preocupante para Henrique, un estudoso de cuestións teolóxicas, era a afirmación contida no Levítico de que se un home casa coa muller do irmán, o casamento será estéril. Convencido de que Catarina mentira en canto á consumación do casamento con Artur, Henrique VIII comezou a procurar a anulación do casamento en 1527. Ao mesmo tempo, arrancara de Ana Bolena a promesa de que ela sería a súa amante e futura muller.
No Vaticano a toma de decisión durou sete anos. As xestións de Thomas Wolsey non foran ben suficientes. O papa Clemente VII non parecía disposto a conceder a anulación por dúas razóns: primeiro esta sempre foi a doutrina da Igrexa e o comportamento do Papado e despois podería tamén ser visto como unha admisión de erro da Igrexa que concedera validamente, segundo as regras canónicas, a dispensa; segundo porque Clemente era unha marioneta política nas mans do Emperador Carlos V, sobriño de Catarina, a quen non conviña a fin da unión. Canso de esperar, Henrique separouse de Catarina en 1531 e en 23 de maio de 1533, o Arcebispo de Canterbury, Thomas Cranmer anulou a unión sen aprobación do Vaticano. A implantación do Acto de Supremacia e a separación da Igrexa Anglicana da Igrexa de Roma, consumou a anulación.
Catarina foi separada da filla, a princesa María, e exiliada da corte para vivir na provincia, en tal caso, con todos os privilexios dunha Princesa de Gales. Mais xamais aceptou o divorcio e continuou a asinar a correspondencia como Catherine the Queen. Catarina morreu o 7 de xaneiro de 1536, vítima dunha doenza prolongada, posibelmente cancro, e foi sepultada na Catedral de Peterborough coas honras dunha Princesa de Gales.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catarina de Aragón |
Predecesor: Isabel de York |
Raíña Consorte de Inglaterra 11 de xuño de 1509 - 23 de maio de 1533 |
Sucesor: Ana Bolena |
Predecesor: Ana Neville |
Princesa de Gales 14 de novembro de 1501 - 2 de abril de 1502 |
Sucesor: Carolina de Brandeburgo-Ansbach |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.