Raíña de Portugal From Wikipedia, the free encyclopedia
María de Aragón, nada en Córdoba o 29 de xuño de 1482 e finada en Lisboa o 7 de marzo de 1517, foi raíña de Portugal.
Cuarta filla dos Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, foi raíña de Portugal como segunda esposa de Manuel I, falecido en 1521.[1]
María naceu en Córdoba, pertencente entón ao reino de Castela. A súa nai, Isabel, estaba embarazada de xemelgos. A primeira en nacer foi María. O segundo, varón, naceu morto.[2]
Nese mesmo ano, Boabdil arrebatou o trono ao seu pai Muley Hacén, converténdose no último rei nazarí de Granada.
María casou con dezaoito anos, o 30 de outubro de 1500, co rei Manuel I de Portugal, viúvo da súa irmá máis vella Isabel de Aragón desde 1498, continuando así coa política de sucesivas vodas entre as familias reais portuguesa e castelá-aragonesas, no intento de unir os reinos ibéricos que, nesa época, comprendían baixo unha coroa Portugal, Aragón e Castela.[1] Así, despois da morte de María, o rei Manuel I casaría con Leonor de Austria, filla de Xoana I de Castela e Filipe o Fermoso, e sobriña, por tanto, de María de Aragón. Porén, a política de alianzas matrimoniais entre España e Portugal non quedaría aí, xa que o futuro rei de Portugal, Xoán III, fillo de María de Aragón e Manuel I de Portugal, casaría con Catarina de Austria, filla máis nova de Xoana I de Castela e irmá de Carlos V, que estivo recluída durante toda a súa infancia en Tordesillas canda a súa nai.
Ademais doutros privilexios e doazóns, o rei concedeulle como dote as vilas de Viseu e Torres Vedras. María foi unha fervorosa partidaria do proxecto imperial manuelino de destruír as cidades santas islamitas de A Meca e Medina, anexionar o Imperio mameluco e conquistar os lugares santos da cristiandade, especialmente Xerusalén. En 1508 conseguiu do seu marido que pedira perdón polas intervencións destrutivas e violentas do pogromo contra os xudeus de 1506.
María morreu o 7 de marzo de 1517 en Lisboa a consecuencia do seu último parto, do que naceu un neno chamado Antonio en 1516, que viviu poucos días. A súa vida xa estaba en perigo cando estaba embarazada deste último, debido a seus numerosos partos.
Foi enterrada no Mosteiro dos Xerónimos de Belém, en Lisboa.
Do seu matrimonio con Manuel I de Portugal naceron dez fillos:
16. Xoán I de Castela | ||||||||||||||||
8. Fernando I de Aragón | ||||||||||||||||
17. Leonor de Aragón | ||||||||||||||||
4. Xoán II de Aragón | ||||||||||||||||
18. Sancho de Castela | ||||||||||||||||
9. Leonor de Alburquerque | ||||||||||||||||
19. Beatriz de Portugal | ||||||||||||||||
2. Fernando II de Aragón | ||||||||||||||||
20. Afonso Enríquez | ||||||||||||||||
10. Fadrique Enríquez | ||||||||||||||||
21. Xoana de Mendoza | ||||||||||||||||
5. Xoana Enríquez | ||||||||||||||||
22. Diego Fernández de Córdoba | ||||||||||||||||
11. Mariña Fernández de Córdoba | ||||||||||||||||
23. Inés de Ayala | ||||||||||||||||
1. María de Aragón | ||||||||||||||||
24. Xoán I de Castela | ||||||||||||||||
12. Henrique III de Castela | ||||||||||||||||
25. Leonor de Aragón | ||||||||||||||||
6. Xoán II de Castela | ||||||||||||||||
26. Xoán de Gante | ||||||||||||||||
13. Catarina de Lancaster | ||||||||||||||||
27. Constanza de Castela | ||||||||||||||||
3. Isabel I de Castela | ||||||||||||||||
28. Xoán I de Portugal | ||||||||||||||||
14. Xoán de Portugal | ||||||||||||||||
29. Filipa de Lancaster | ||||||||||||||||
7. Isabel de Portugal | ||||||||||||||||
30. Afonso I de Braganza | ||||||||||||||||
15. Isabel de Barcelos | ||||||||||||||||
31. Beatriz Pereira de Alvim | ||||||||||||||||
Predecesor: Isabel de Aragón |
Raíña consorte de Portugal 1500 - 1517 |
Sucesor: Leonor de Austria |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.