From Wikipedia, the free encyclopedia
Henrique I de Portugal, nado en Lisboa o 31 de xaneiro de 1512 e finado en Almeirim o 31 de xaneiro de 1580, foi un relixioso portugués, Rei de Portugal, tendo gobernado entre 1578 e a súa morte, 1580. Ás veces é chamado de Henrique II por algúns autores, en virtude de ser o segundo xefe de estado de Portugal chamado Henrique, téndose en liña de conta o Conde Henrique, por aqueles chamado Henrique I. É coñecido polos alcumes de O Casto (debido á súa función eclesiástica, que o impediu ter descendencia lexítima), O Cardeal-Rei (igualmente por ser eclesiástico) ou O Eborense/O de Évora (por ter sido tamén arcebispo daquela cidade e aí ter pasado moito tempo, e mesmo fundou a primeira Universidade de Évora, entregado á custodia dos Xesuítas), transformando Évora nun centro cultural importante.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Henrique era o quinto fillo home de Manuel I e da súa segunda muller María de Aragón, e era irmán máis novo do rei Xoán III. Como se comprende, Henrique non tivera a esperanza de subir ao trono.
Ben cedo na súa vida, Henrique recibiu o sacramento da orde, para promover os intereses portugueses na Igrexa Católica, na época dominada pola España. El subiu cedo na xerarquía da Igrexa, sendo rapidamente Arcebispo de Braga, primeiro arcebispo de Évora, arcebispo de Lisboa e aínda inquisidor maior antes de recibir o título de Cardeal, co título dos Catro Santos Coroados (1546). Aínda que nunca teña asistido a conclave ningún, chegou a ser apuntado como un dos favoritos a suceder no trono de San Pedro nos dous conclaves de 1555.
Despois da desastrosa Batalla de Alcácer-Quibir en 1578, despois de recibir a confirmación da morte do rei Sebastián de Portugal, no mosteiro de Alcobaça, acabou por suceder ao sobriño-neto. Henrique renunciou entón ao seu posto clerical e buscou inmediatamente unha noiva para así poder dar continuidade á dinastía de Avis, pero o Papa Gregorio XIII, que era un familiar dos Habsburgo, non o liberou dos seus votos.
Foi aclamado rei na igrexa do Hospital de Todos os Santos, no Rossio, sen grandes festexos. Caberíalle resolver o rescate dos moitos cativos en Marrocos. O reino, entón xubiloso pola xuventude que Sebastián líder, perdía o ánimo coa noticia e esixía vinganza ao rei que, con todo, enfermou.
Mesmo co serio problema da sucesión en mans, Henrique nunca aceptou a posibilidade de nomear o Prior do Crato, Antonio I de Portugal, outro seu sobriño, herdeiro do trono, pois non recoñecía a lexitimidade de Antonio. En consecuencia, despois da súa morte, de feito Antonio subiu ao trono pero non conseguiu mantelo, perdéndoo para o seu curmán Filipe II de España, na batalla co duque de Alba.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.