político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel da Paz de Portugal (en portugués: Miguel dá Paz de Avis e Trastâmara), nado en Zaragoza o 24 de agosto de 1498 e finado en Granada o 19 de xullo de 1500, foi príncipe de Asturias de 1499 a 1500 e príncipe herdeiro de Portugal de 1498 a 1500.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1498 Archbishop's Palace at Saragossa (Reino de Aragón) |
Morte | 19 de xullo de 1500 (1 ano) Granada (Coroa de Castela) |
Lugar de sepultura | Capela Real de Granada |
Príncipe herdeiro de Portugal (pt) | |
Príncipe de Asturias | |
Príncipe de Xirona | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | herdeiro presuntivo |
Outro | |
Título | Príncipe de Asturias Príncipe de Xirona Príncipe herdeiro de Portugal (pt) |
Familia | Dinastía de Avis |
Pais | Manuel I de Portugal e Isabel de Aragão e Castela, Rainha de Portugal |
Irmáns | Beatriz de Portugal, Duquesa de Saboia Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico Maria de Portugal, Duquesa de Viseu Fernando de Portugal, Duque da Guarda Xoán III de Portugal Henrique I de Portugal Duarte de Portugal, 4.º Duque de Guimarães Luís de Portugal, Duque de Beja Afonso de Portugal |
Fillo do rei Manuel I de Portugal e de Isabel de Aragón, princesa de Asturias e filla dos Reis Católicos. Naceu o 24 de agosto de 1498 en Zaragoza (Aragón), e no parto faleceu a súa nai.[1][2]
Como fillo do rei luso, era tamén príncipe herdeiro de Portugal. A morte da súa nai converteu a Miguel da Paz en Príncipe de Asturias e Xirona, títulos outorgados aos herdeiros das coroas de Castela e de Aragón. Xa que logo, de vivir o suficiente, gobernaría sobre toda a Península Ibérica, as posesións aragonesas no Mediterráneo e as posesións castelás e portuguesas de ultramar.
Miguel da Paz morreu en Granada o 20 de xullo de 1500, sen chegar a cumprir os dous anos de idade e foi sepultado en Toledo. Posteriormente foi trasladado á Capela Real de Granada onde actualmente descansa xunto aos restos da súa tía e o marido dela, Xoana I e Filipe I, e os seus avós, Isabel I e Fernando V.
Coa súa morte morreu tamén a posibilidade de que todos os reinos da Península Ibérica unísense baixo un monarca común e que se producise o tan buscado soño da unificación ibérica. Portugal e a xa unificada España non lograrían ter un mesmo monarca ata 1580, trala vitoria española na batalla de Alcántara co goberno da península en mans de Filipe II, Filipe III e Filipe IV de España, aínda que nunhas circunstancias moi diferentes.
Predecesor: Xaime I de Braganza |
Príncipe herdeiro de Portugal 1498 - 1500 |
Sucesor: Xoán de Portugal |
Predecesor: Isabel de Aragón |
Príncipe de Asturias 1499 - 1500 |
Sucesor: Xoana de Castela |
Predecesor: Xoán de Aragón |
Príncipe de Xirona 1499 - 1500 |
Sucesor: Xoana de Castela |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.