Joanne «Jo» Rowling, nada o 31 de xullo de 1965[1] en Yate, South Gloucestershire, Reino Unido, máis coñecida polos pseudónimos J. K. Rowling[2] e Robert Galbraith,[3] é a autora da serie de libros de fantasía Harry Potter e a serie de detectives de Cormoran Strike. Os seus libros fixéronse famosos en todo o mundo, gañaron múltiples premios e venderon máis de 400 millóns de copias.[4] As novelas foron a base dunha popular saga de filmes, a cuxos guións Rowling daba a súa aprobación,[5] ademais de manter un control creativo e ser produtora dos filmes.[6]

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Modelo:BiografíaJ. K. Rowling
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Joanne Kathleen Rowling Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joanne Rowling Editar o valor en Wikidata
31 de xullo de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Yate, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaKilliechassie House (pt) Traducir
Kensington Editar o valor en Wikidata
RelixiónAnglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónWyedean School (en) Traducir (–1983)
Universidade de Exeter (pt) Traducir - lingua francesa (1983–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, literatura fantástica e literatura infantil e xuvenil Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprodutora, autora, produtora delegada, anti-transgender activist (en) Traducir, filántropa, guionista, novelista, escritora de literatura infantil, escritora, activista polos dereitos das mulleres Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoTraxicomedia, novela policial e Fantasía Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioRobert Galbraith
J. K. Rowling Editar o valor en Wikidata
RepresentanteThe Blair Partnership (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2008commencement at the Harvard University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNeil Murray (2001–)
Jorge Arantes (1992–1995), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosJessica Isabel Rowling Arantes
 () Jorge Arantes Editar o valor en Wikidata
PaisPeter James Rowling Editar o valor en Wikidata  e Anne Rowling Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Thumb Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih,
Iedereen Leest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webjkrowling.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0746830 Allocine: 68219 Rottentomatoes: celebrity/jk_rowling_2 Allmovie: p302985 TCM: 546661 Metacritic: person/jk-rowling TV.com: people/j-k-rowling IBDB: 514846
Facebook: JKRowling Twitter: jk_rowling TED: jk_rowling BNE: XX972935 Bitraga: 1188 Dialnet: 4155285 Musicbrainz: 569c0d90-28dd-413b-83e4-aaa7c27e667b Discogs: 431656 WikiTree: Rowling-31 Genius: Jk-rowling Editar o valor en Wikidata
Pechar

Rowling artellou a idea da serie nunha viaxe en tren de Manchester a Londres en 1990.[7] En marzo de 2011, a revista Forbes estimou que a fortuna de Rowling ascendía a mil millóns de dólares estadounidenses.[8] A escritora obtivo o Premio Príncipe de Asturias da Concordia no ano 2003, así como outros recoñecementos internacionais. Colabora con varias organizacións caritativas, como Comic Relief, One Parent Families,[9] Multiple Sclerosis Society of Great Britain[10] e Lumos.

Traxectoria

J. K. Rowling é a primeira filla de Peter e Anne Rowling (cuxo apelido de solteira era Volant). Naceu o 31 de xullo de 1965 en Yate, Gloucestershire, Reino Unido.[11]

A irmá de Rowling, Dianne,[7] naceu cando a escritora tiña 23 meses.[11] Cando Rowling tiña catro anos a familia mudouse para vivir na vila próxima de Winterbourne.[12] Dise que o director da escola de primaria St Michael's á que asistiu, Alfred Dunn, foi a inspiración para o director do colexio máxico Albus Dumbledore.[13]

De nena, Rowling a miúdo escribía historias de fantasía para lerllas á súa irmá. Con nove anos, Rowling mudouse a Church Cottage na vila de Tutshill, preto de Chepstow, Wales.[11] Asistiu ao instituto de ensinanza secundaria Wyedean School and College, no que traballara a súa nai Anne.[14] Da súa adolescencia, Rowling comentou que se asemella un chisco a Hermione Granger, personaxe da saga cunha personalidade de sabichona e estudosa: «É unha caricatura de min cando tiña once anos; algo do que non estou particularmente orgullosa».[15] Rowling estudou francés e filoloxía clásica na Universidade de Exeter. Despois de pasar un ano de estudo en París foi a Londres para traballar como investigadora e secretaria bilingüe para Amnistía Internacional.[16]

En 1990, cando viaxaba nun tren con catro horas de atraso desde Manchester ata Londres, a idea dunha historia sobre un neno que asistía a unha escola de maxia «apareceu completamente formada» na súa mente.[17] Segundo contou nunha entrevista para o xornal The Boston Globe: «Realmente non sei de onde veu a idea. Comezou con Harry, e logo todos eses personaxes e situacións irromperon na miña cabeza».[11][17] Unha vez chegou ao seu apartamento comezou a escribir inmediatamente.[11][18]

En decembro dese ano, a nai de Rowling morreu, despois de sufrir de esclerose múltiple durante dez anos.[11] Rowling comentou que "estaba escribindo Harry Potter cando miña nai morreu. Nunca lle falei de Harry Potter".[19] Rowling constatou que a súa morte afectou á súa escritura[19][20] e que introduciu moitos máis detalles sobre a perda dos pais de Harry no primeiro libro, porque sabía como se sentía o cativo.[21]

Logo disto, Rowling mudouse a Porto, Portugal, para ensinar inglés como lingua estranxeira.[7][22] Unha vez alí, coñeceu o xornalista Jorge Arantes e casaron o 16 de outubro de 1992. Tiveron unha filla chamada Jessica Isabel Rowling Arantes, nacida o 27 de xullo de 1993.[23] A parella divorciouse ao cabo de poucos meses, en novembro de 1993.[23][24] Despois do divorcio, Rowling e a súa filla volveron ao Reino Unido para vivir preto da irmá da escritora en Edimburgo.[11] Durante este período, Rowling padeceu depresión clínica e considerou o suicidio.[25] Foi o sentimento da súa enfermidade o que a levou á idea dos Dementores, criaturas que chuchan as almas das súas vítimas, introducidos no terceiro libro.[26]

Malia o seu fracasado matrimonio, estar desempregada cunha nena ao seu cargo e ter que vivir coas axudas do estado,[27] describiu esta situación como liberadora. Rowling conseguiu completar a súa primeira novela escribindo en moitas cafetarías, especialmente no Nicolson's Café.[28]

O 26 de decembro de 2001, Rowling casou con Neil Murray, nunha cerimonia privada. O 23 de marzo de 2003 Rowling deu a luz ao seu segundo fillo, David Gordon Rowling Murray, en Edimburgo. Dous anos máis tarde, o 23 de marzo de 2005 naceu Mackenzie Jean Rowling Murray, terceira filla de Rowling e segundo co seu actual marido. A esta última filla dedicou o sexto libro chamándoo «o seu irmán xemelgo de tinta e papel».

Harry Potter

Libros

Artigo principal: Harry Potter.

A publicación da saga de Harry Potter foi unha fazaña, xa que nos primeiros intentos foi rexeitado por distintas editoriais. Ao conseguir que publicasen o seu primeiro libro, este, foi un éxito enorme. As vendas dos libros convertérona nunha celebridade. Despois de publicar o cuarto libro, escribiu dous libros máis (Fantastic Beasts and Where to Find Them e Quidditch Through the Ages), cuxas ganancias se dirixiron a Comic Relief, unha ONG. Entre outras contribucións atópanse doazóns á investigación do tratamento para a esclerose múltiple, enfermidade que causou a morte da súa nai. Segundo as súas palabras, a saga de Harry Potter consta de sete libros, un para cada ano na escola Hogwarts.

A publicación do quinto libro foi demorada debido a unha demanda infrutuosa de plaxio contra Rowling por parte de Nancy Stouffer. Este quinto libro foi publicado o 21 de xuño de 2003. Nancy Stouffer perdeu a demanda.

A finais do 2003, Rowling foi convidada polo produtor Rusell T. Davies a participar nun episodio do programa británico Doutor Who. Aínda que ela se sorprendeu polo convite, non o aceptou porque se atopaba ocupada escribindo o seguinte libro da serie.

Rowling tamén apareceu na serie de debuxos animados The Simpsons como convidada especial; e nun capítulo do anime de Kirby fíxoselle unha honra aos seus libros e a ela. A pesar da fama que os seus libros adquiriron nestes últimos anos, a escritora continúa sorprendendo os lectores coa súa inigualable forza narrativa. O título do último libro da saga é Harry Potter e as reliquias da morte, que saíu á venda o 21 de xullo do 2007 (versión inglesa), cadrando así co décimo aniversario da publicación do primeiro libro da saga; mentres que a tradución galega foi lanzada o 21 de febreiro do 2008 xunto coa versión en castelán. Está traducida ao galego toda a saga.

A serie de Harry Potter está constituída polos seguintes libros:

  1. Harry Potter e a pedra filosofal (1997).
  2. Harry Potter e a Cámara dos Segredos (1998).
  3. Harry Potter e o preso de Azkaban (1999).
  4. Harry Potter e o Cáliz de fogo (2000).
  5. Harry Potter e a Orde do Fénix (2003).
  6. Harry Potter e o misterio do príncipe (2006).
  7. Harry Potter e as reliquias da morte (2007).

Libros relacionados

Estes libros menciónanse ao longo das novelas principais. Rowling escribiunos como complemento e para doar tódalas ganancias xurdidas da súa venda á organización benéfica Comic Relief.

Filmes

Artigo principal: Harry Potter (filmes).

O primeiro filme, Harry Potter e a pedra filosofal, foi dirixido por Chris Columbus. O director anhelaba tanto obter o traballo que tomou o guión escrito por Steven Kloves e só lle fixo algúns trocos que considerou prudentes. Na primeira entrevista de traballo que tivo en moitos anos pediu ser o último en pasar. Ao entrar á porta deu o seu guión e dixo:

Tómeno como as miñas notas persoais. Usen o que queiran usar e tiren o resto. Só quero demostrar o comprometido que estou con este proxecto, pois todos sabemos que en Hollywood ninguén ergue tan sequera un lapis se non se lle paga por iso.

A súa paixón levouno a gañar o traballo.

Deu o papel de Harry Potter ao xove actor Daniel Radcliffe coas súas co-estrelas: Rupert Grint (Ron Weasley) e Emma Watson (Hermione Granger). A película foi estreada a finais do 2001 acompañada dun grande éxito nos portelos que axudou ás vendas dos libros en países onde non eran moi famosos aínda.

O segundo filme, Harry Potter e a Cámara dos Segredos, tamén foi dirixida por Chris Columbus e foi estreada a finais do 2002. Rompeu récords de portelos de novo e sorprendeu o público polo troco de ton e madurez da historia. Chris tivo que deixar o traballo de director para non seguir pasando outro ano lonxe da súa familia, pero continuou como produtor.

A terceira película, Harry Potter e o preso de Azkaban, foi dirixida polo mexicano Alfonso Cuarón. Estreouse a mediados do 2004 e mostra unha atmosfera máis escura e tenebrosa. Cuarón foi suxerido pola mesma J. K. Rowling para o traballo de director xa que a ela lle fascinou o seu filme La Princesita, adaptación dun dos seus libros favoritos, que tamén produciu a Warner Bros. Cuarón estaba algo inseguro sobre dirixir o filme, pero ao ler o guión convenceuse. Nunca lera os libros ata que dirixiu a película. Rowling asegura que Cuarón dirixiu o filme tan acertadamente que ata lle deron calafríos ao ver a maneira na que conectou coa historia, xa que, agregou, o director non tiña información privilexiada nin pistas dos futuros libros. Cuarón asegurou que os dous anos que traballou en Harry Potter foron os máis belos da súa vida. Ademais, deixou un selo mexicano no filme: durante a escena na tenda de doces Honeydukes podemos ver centos de calaveriñas de azucre que Cuarón ordenou traer de México especialmente para a filmación. Tamén podemos escoitar a Albus Dumbledore rosmar unha canción mexicana ao deixar a Harry e Hermione despois de liberar a Sirius Black.

O cuarto filme, Harry Potter e o Cáliz de fogo, estreado en novembro do 2005, foi dirixido polo inglés Mike Newell (primeiro director inglés en toda a saga). O filme foi o primeiro en ser clasificado como Non recomendado para menores de 13 anos, debido ao seu nivel de violencia e momentos de terror. O director nunca paraba de falar da emoción que sentía de ter sido elixido para facer este filme, mentres promocionaba os seus outros traballos, o que demostrou o seu tremendo entusiasmo polo proxecto.

A quinta película, Harry Potter e a Orde do Fénix, estreouse mundialmente nos cines o 13 de xullo de 2007, e o seu director foi o inglés David Yates.

O sexto filme, Harry Potter e o misterio do príncipe, volve ter como guionista a Steve Kloves e como director a David Yates. A estrea foi o 15 de xullo de 2009.

Os últimos dous filmes, titulados Harry Potter e as reliquias da morte, Parte 1 e Parte 2, dividen en dúas partes o derradeiro libro. A primeira película estreouse en novembro do 2010 e a segunda en xullo do 2011; sendo David Yates o seu director, quen xa o fora da quinta e sexta adaptacións.

Steve Kloves é o encargado de escribir os guións dos filmes coa axuda de J. K. Rowling, para que o que ocorra nas versións cinematográficas non contradiga os sucesos que van ocorrer nos futuros libros. En entrevistas, Rowling declarou que Kloves é a persoa á que revelou máis información sobre os libros, pero que non lle contara todo. Mesmo Kloves declarou a súa tremenda frustración cando Rowling se negou a contarlle o final de Harry Potter. A escritora tamén contou a Alan Rickman (Severus Snape) e Robbie Coltrane (Rubeus Hagrid) segredos acerca dos seus personaxes antes de que fosen revelados coa publicación dos últimos libros.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.