From Wikipedia, the free encyclopedia
Harry Potter e o Cáliz de fogo (en inglés: Harry Potter and the Goblet of Fire) é un filme de fantasía[1] dirixido por Mike Newell e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o cuarto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman. A historia céntrase no cuarto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que é escollido polo Cáliz de fogo para competir no Torneo Tres Meigos, unha competición moi perigosa. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Brendan Gleeson, Robert Pattinson, Clémence Poésy, Stanislav Ianevski e Ralph Fiennes.
Harry Potter e o Cáliz de fogo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Harry Potter and the Goblet of Fire |
Director | Mike Newell |
Produtor | David Heyman |
Guión | Steve Kloves |
Baseado en | Harry Potter e o Cáliz de fogo de J. K. Rowling |
Intérpretes | Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Ralph Fiennes Brendan Gleeson Robert Pattinson Clémence Poésy Stanislav Ianevski |
Música | Patrick Doyle John Williams |
Fotografía | Roger Pratt |
Montaxe | Mick Audsley |
Estudio | Heyday Films |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 18 de novembro de 2005 |
Duración | 157 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Fantasía |
Orzamento | $150 000 000 |
Recadación | $896 900 000[1] |
Filme anterior | Harry Potter e o preso de Azkaban |
Filme seguinte | Harry Potter e a Orde do Fénix |
Na rede | |
http://harrypotter.warnerbros.co.uk/gobletoffire/ | |
O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 18 de novembro de 2005. A recadación nas salas internacionais ascende a 895,9 millóns de dólares estadounidenses.[1] Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor dirección artística, que finalmente gañou Memorias dunha gueixa. Non obstante, o filme gañou o premio BAFTA ao mellor deseño de produción. O Cáliz de fogo foi o segundo filme en proxectarse en salas IMAX e é un dos que recibiu mellores críticas debido á madurez e sofisticación dos personaxes, o ton máis escuro e complexo da liña argumental e as actuacións do elenco principal.[2]
Durante o cuarto ano, a Marca Escura aparece no ceo despois dun ataque feito por parte dos Devoradores da Morte na Copa do Mundo de Quidditch. Iniciado o curso en Hogwarts, Harry pasa as noites sufrindo pesadelos. Ademais, este ano a escola é a anfitrioa dun lendario evento: o Torneo Tres Meigos. Tres escolas europeas participan na competición, con tres "campións" que as representan nas probas. O Cáliz de fogo elixe a Fleur Delacour, Viktor Krum e Cedric Diggory para que compitan entre eles. Non obstante, o nome de Harry tamén sae do obxecto máxico, converténdoo no cuarto campión e obrigándoo a participar tamén. O Torneo remata cun encontro entre Harry e un renacido Voldemort que consegue recuperar a súa forma corpórea.
Robert Pattinson, Clémence Poésy e Stanislav Ianevski aparecen como Cedric Diggory, Fleur Delacour e Viktor Krum, os estudantes elixidos para representar respectivamente a Hogwarts, Beauxbatons e Durmstrang no Torneo Tres Meigos.
Harry Potter e o Cáliz de fogo | ||||
---|---|---|---|---|
Banda sonora de Patrick Doyle | ||||
15 de novembro de 2005 | ||||
Duración | 75:58 | |||
Xénero | Banda sonora | |||
Selo discográfico | Warner/Sunset | |||
Cronoloxía | ||||
|
A banda sonora de Harry Potter e o Cáliz de fogo lanzouse ao mercado o 15 de novembro de 2005. Ao contrario que nas anteriores tres entregas da saga, as pezas musicais non foron compostas por John Williams, senón por Patrick Doyle. Isto veu derivado de que Williams tivo algúns problemas de programación, dado que ese mesmo ano compuxo as músicas para Star Wars Episode III: Revenge of the Sith e as películas de Steven Spielberg Memoirs of a Geisha, Munich e War of the Worlds.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.