From Wikipedia, the free encyclopedia
A serie de filmes de Harry Potter está baseada nas sete novelas de Harry Potter escritas pola británica J. K. Rowling. Unha vez finalizada, a saga estará formada por oito filmes de fantasía e aventuras. A franquía está distribuída por Warner Bros. Pictures, producida por David Heyman e protagonizada por Daniel Radcliffe, Rupert Grint e Emma Watson como os tres personaxes principais, Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger respectivamente. As recadacións en salas internacionais converten á saga na que máis ingresos obtivo en todos os tempos, con cifras que acadan os 6 mil millóns de dólares.
J. K. Rowling vendeu os dereitos das primeiras catro novelas da serie á Warner Bros. por 1 000 000 de libras esterlinas. Despois do lanzamento do cuarto libro en xullo de 2001, estreouse a primeira película, Harry Potter e a pedra filosofal, o 16 de novembro de 2001. O filme recadou 90 millóns de dólares só nos Estados Unidos. As seguintes tres adaptacións cinematográficas foron tamén un éxito financeiro, ademais de contar coas críticas positivas tanto de fans coma de críticos. O quinto filme, Harry Potter e a Orde do Fénix, estreouse o 11 de xullo de 2007 nos países de fala inglesa, agás no Reino Unido e Irlanda que o fixo o 12 de xullo[1]. O sexto, Harry Potter e o misterio do príncipe, tivo a súa estrea o 15 de xullo de 2009 con aclamacións da crítica e rematou o seu paso polas salas como o segundo filme con maior recadación do ano 2009. A última novela, Harry Potter e as reliquias da morte, foi separada en dous filmes: a primeira parte estreouse o 19 de novembro de 2010 e a segunda parte, conclusión das películas e a saga, o 15 de xullo de 2011[2]. Orixinalmente, a parte 1 ía lanzarse en formatos 3D e 2D[3], pero debido a un atraso no proceso de conversión ao 3D, Warner Bros. lanzou o filme só en cinemas 2D e IMAX. Non obstante, a parte 2 sairá tanto en 2D coma en 3D como estaba pensado orixinalmente[4].
Todos os filmes acadaron un éxito financeiro e da crítica, facendo da franquía unha das máis rendibles de Hollywood con outras como James Bond, Star Wars, Indiana Jones e Pirates of the Caribbean. Porén, as opinións sobre os filmes dividen aos fans dos libros, entre os cales están algúns que prefiren o enfoque máis fiel das primeiras dúas películas e aqueloutros que quedan coa proposta de personaxes presentada nas outras. Outros tamén perciben cousas inconexas debido aos cambios de director, así como tamén a interpretación de Michael Gambon do personaxe de Albus Dumbledore diferente da concepción que tiña o finado Richard Harris. A autora J. K. Rowling apoiou en diversas ocasións os filmes[5][6][7], e avaliou as reliquias da morte como a súa favorita da serie. Escribiu na súa páxina web acerca dos cambios entre os libros e as películas que "é simplemente imposible incorporar absolutamente todas as liñas argumentais nun filme de menos de catro horas de duración. Obviamente os filmes teñen restricións; as novelas non teñen que preocuparse polo tempo e o orzamento [...]"[8].
Película | Rotten Tomatoes | Metacritic | BFCA | |
---|---|---|---|---|
En conxunto | Críticos | |||
Harry Potter e a pedra filosofal | 80% (186 críticas)[9] | 75% (40 críticas)[10] | 64 (35 críticas)[11] | 90 (recomendada)[12] |
Harry Potter e a Cámara dos Segredos | 83% (204 críticas)[13] | 68% (38 críticas)[14] | 63 (35 críticas)[15] | 84 (recomendada)[16] |
Harry Potter e o preso de Azkaban | 91% (232 críticas)[17] | 90% (42 críticas)[18] | 82 (40 críticas)[19] | 84 (recomendada)[20] |
Harry Potter e o Cáliz de fogo | 87% (222 críticas)[21] | 87% (38 críticas)[22] | 81 (38 críticas)[23] | 87 (recomendada)[24] |
Harry Potter e a Orde do Fénix | 78% (236 críticas)[25] | 69% (42 críticas)[26] | 71 (37 críticas)[27] | 82 (recomendada)[28] |
Harry Potter e o misterio do príncipe | 84% (254 críticas)[29] | 88% (43 críticas)[30] | 78 (36 críticas)[31] | 87 (elección do crítico)[32] |
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) | 79% (243 críticas)[33] | 73% (40 críticas)[34] | 65 (42 críticas)[35] | 87 (elección do crítico)[36] |
Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) | 96% (260 críticas)[37] | 100% (41 críticas)[38] | 87 (41 críticas)[39] | 93 (elección do crítico)[40] |
Media das valoracións | 85% | 81% | 74 | 87 |
A saga cinematográfica en conxunto non conseguiu ningún Premio da Academia, non obstante, catro filmes da franquía recibiron nomeamentos.
Película | Premio da Academia | Nomeamento aos Premios da Academia | Cerimonia dos Premios da Academia |
---|---|---|---|
Harry Potter e a pedra filosofal | Mellor dirección de arte Mellor deseño de vestiario Mellor banda sonora orixinal |
Stuart Craig e Stephanie McMillan Judianna Makovsky John Williams |
74ª edición |
Harry Potter e o preso de Azkaban | Mellor banda sonora orixinal Mellores efectos visuais |
John Williams Roger Guyett, Tim Burke, John Richardson e Bill George |
77ª edición |
Harry Potter e o Cáliz de fogo | Mellor dirección de arte | Stuart Craig e Stephanie McMillan | 78ª edición |
Harry Potter e o misterio do príncipe | Mellor cinematografía | Bruno Delbonnel | 82ª edición |
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) | Mellor dirección de arte Mellores efectos visuais |
Stuart Craig e Stephanie McMillan Tim Burke, John Richardson, Christian Manz e Nicolas Aithadi |
83ª edición |
Ata o ano 2011, a franquía de filmes de Harry Potter é a que máis recadou en toda a historia do cine, con beneficios de 7,7 mil millóns de dólares en todo o mundo ata decembro de 2011 con oito filmes estreados[41].
Película | Data de estrea | Recadación | Posición | Orzamento | Referencia |
---|---|---|---|---|---|
Harry Potter e a pedra filosofal | 16 de novembro de 2001 | 974 755 371$ | #11 | 125 000 000$ | [42][43][43][44][45] |
Harry Potter e a Cámara dos Segredos | 14 de novembro de 2002 | 878 979 634$ | #24 | 100 000 000$ | [44][45][46][47] |
Harry Potter e o preso de Azkaban | 31 de maio de 2004 | 796 688 549$ | #32 | 130 000 000$ | [44][45][48] |
Harry Potter e o Cáliz de fogo | 18 de novembro de 2005 | 896 911 078$ | #21 | 150 000 000$ | [44][45][49][50] |
Harry Potter e a Orde do Fénix | 11 de xullo de 2007 | 939 885 929$ | #15 | 150 000 000$ | [44][45][51][52] |
Harry Potter e o misterio do príncipe | 15 de xullo de 2009 | 934 416 487$ | #16 | 250 000 000$ | [44][45][53][54] |
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) | 19 de novembro de 2010 | 955 417 476$ | #13 | Menos de 250 millóns de dólares (oficial) | [44][45][55][56][57] |
Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) | 15 de xullo de 2011 | 1 328 111.219$ | #3 | [45][57][58] | |
Total | 7 701 234.647$ | 1 155 000.000$ |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.