From Wikipedia, the free encyclopedia
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) é unha película de fantasía e drama[1][3] dirixida por David Yates e a primeira das dúas baseadas na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sétimo filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman, David Barron e Rowling. A historia céntrase na busca que emprende Harry Potter co obxectivo de atopar e destruír os Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Ralph Fiennes, Helena Bonham Carter e Alan Rickman.
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Harry Potter and the Deathly Hallows – Part 1 |
Director | David Yates Ben Hibon (dirixiu O conto dos tres irmáns xunto a David Yates) |
Produtor | David Heyman David Barron J. K. Rowling |
Guión | Steve Kloves |
Baseado en | Harry Potter e as reliquias da morte de J. K. Rowling |
Intérpretes | Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Ralph Fiennes Alan Rickman Helena Bonham Carter Bill Nighy Rhys Ifans |
Música | Alexandre Desplat Conrad Pope John Williams |
Fotografía | Eduardo Serra |
Montaxe | Mark Day |
Estudio | Heyday Films |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 19 de novembro de 2010 |
Duración | 146 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Fantasía Drama |
Orzamento | $250 000 000 (xunto á 2ª parte)[2] |
Recadación | $960 283 305 |
Filme anterior | Harry Potter e o misterio do príncipe |
Filme seguinte | Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) |
Na rede | |
http://harrypotter.warnerbros.com/harrypotterandthedeathlyhallows | |
O filme tivo a súa estrea en todo o mundo en cines 2D e IMAX o 19 de novembro de 2010.[4][5][6][7] A produción do filme comezou o 19 de febreiro de 2009 e rematou o 12 de xuño de 2010.[8]
Durante a fin de semana despois da súa estrea, esta primeira parte recadou 330 millóns de dórales, a máis alta do ano 2010.[9] A recadación nas salas internacionais ascende a 954,5 millóns de dólares estadounidenses,[10] converténdoa na terceira película con maiores recadacións de 2010 detrás de Toy Story 3 e Alice in Wonderland.[11].
Despois dos acontecementos ao final do ano anterior Harry, Ron e Hermione van á procura e destrución dos Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. Suponse que é o seu sétimo e último ano de estudos en Hogwarts, pero a desorde no Ministerio de Maxia e o alzamento no poder do Señor Escuro evitan a súa asistencia. Os tres amigos emprenden un camiño que os levará a loitar contra os Devoradores da Morte e a descubrir os poderes das reliquias da morte. Asemade, a conexión entre Harry e a mente de Voldemort faise máis forte.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.