From Wikipedia, the free encyclopedia
Harry Potter e o misterio do príncipe (en inglés: Harry Potter and the Half-Blood Prince) é un filme de fantasía e drama[4] dirixido por David Yates e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sexto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman e David Barron.[5] A historia céntrase no sexto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que se obsesiona cun misterioso libro de texto, se namora e intenta conseguir un recordo que ten a clave para derrotar a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Michael Gambon, Jim Broadbent, Alan Rickman, Tom Felton e Helena Bonham Carter.
Harry Potter e o misterio do príncipe | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Harry Potter and the Half-Blood Prince |
Director | David Yates |
Produtor | David Heyman David Barron |
Guión | Steve Kloves |
Baseado en | Harry Potter e o misterio do príncipe de J. K. Rowling |
Intérpretes | Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Michael Gambon Jim Broadbent Alan Rickman Helena Bonham Carter Tom Felton |
Música | Nicholas Hooper John Williams |
Fotografía | Bruno Delbonnel |
Montaxe | Mark Day |
Estudio | Heyday Films |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 15 de xullo de 2009[1] 25 de decembro de 2013 (TVG) |
Duración | 153 minutos[2] |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Fantasía Drama |
Orzamento | $250 000 000[3] |
Recadación | $934 400 000 |
Filme anterior | Harry Potter e a Orde do Fénix |
Filme seguinte | Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) |
Na rede | |
http://harrypotter.warnerbros.com/harrypotterandthehalf-bloodprince/ | |
O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 15 de xullo de 2009. A recadación nas salas internacionais ascende a 933,9 millóns de dólares estadounidenses.[6] Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor fotografía,[7] que finalmente gañou Avatar, e outra aos premios BAFTA aos mellores efectos especiais e ao mellor deseño de produción, ambos tamén gañados por Avatar.[8] O misterio do príncipe é un dos filmes da saga mellor valorados pola crítica.
Estreouse na TVG, en galego, o 25 de decembro do 2013.
No sexto ano de Harry en Hogwarts, Lord Voldemort e os Devoradores da Morte aumentan o terror que provocan na poboación máxica e muggle. Albus Dumbledore persuade un vello amigo Horace Slughorn para que regrese a Hogwarts como profesor; non obstante, Dumbledore ten unha razón importante para que Slughorn cubra a vacante. Durante unha clase de Apócemas, Harry toma posesión dun libro de texto pertencente ao "Príncipe Mestizo" e cheo de anotacións ás marxes. Entrementres, Dumbledore e Harry manteñen reunións secretas co obxectivo de descubrir como destruír a Voldemort definitivamente.
Harry Potter e o misterio do príncipe | ||||
---|---|---|---|---|
Banda sonora de Nicholas Hooper | ||||
14 de xullo de 2009 | ||||
Estudio de gravación | Abbey Road Studios | |||
Duración | 62:40 | |||
Xénero | Banda sonora | |||
Selo discográfico | New Line Records | |||
Cronoloxía | ||||
|
A banda sonora de Harry Potter e o misterio do príncipe lanzouse ao mercado o 14 de xullo de 2009. As pezas musicais foron compostas por Nicholas Hooper e dirixidas por Hooper e Alastair King. É a segunda banda sonora dun filme da saga Harry Potter feita por Hooper, que xa se encargara do filme anterior, Harry Potter e a Orde do Fénix. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película.
"Dumbledore's Farewell" emprégase de novo en Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) durante as escena na que Harry ve os recordos de Snape no pensadoiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.