Cidade e municipio da Comunidade Foral de Navarra From Wikipedia, the free encyclopedia
Tafalla é unha cidade e municipio de Navarra. Está situada no meiriñado de Olite. É a cabeza do Partido xudicial de Tafalla e da comarca da súa mesmo nome. Está á 35 km ao sur da capital, Pamplona. Inicialmente estaba adscrita á zona non vascófona pola Lei Foral 18/1986, mais, en xuño de 2017, o Parlamento navarro aprobou o paso de Tafalla á Zona mixta de Navarra mediante a Lei Foral 9/2017.[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Gabaltzika (eu) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Capital de | ||||
Capital | Tafalla | |||
Poboación | ||||
Poboación | 10.698 (2023) (108,84 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 98,29 km² | |||
Altitude | 421 m | |||
Comparte fronteira con | Pueyo-Puiu (pt) Falces (pt) Olite - Erriberri San Martín de Unx (pt) Miranda de Arga (pt) Larraga (pt) Berbinzana (pt) Artajona (pt) Leoz (pt) | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Jesus Maria Arrizubieta Astiz (en) Q99843060 Cristina Sota Pernaut (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 31300 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 31227 | |||
Páxina web | tafalla.es | |||
A cidade de Tafalla está situada no sur da Navarra Media Central. É un lugar de paso ou de encontro do meridional mediterráneo e o setentrional atlántico. O antigo Saltus Vasconum (época romana) boscoso ábrese ao Ager Vasconum pola porta do Congosto. O seu núcleo urbano levántase no cruzamento de dúas rutas importantes: O eixo Norte-Sur, que une Pireneos-Pamplona con Tudela e o eixo Leste-Oeste, que une Sangüesa con Estella.
Tafalla está comunicada con Pamplona coa estrada nacional N-121 e coa Autoestrada de peaxe AP-15, Estas dúas vías tamén a comunican con Tudela, Madrid e Zaragoza. Con Estella e Sangüesa pola NA-132. E tamén por vía férrea, con destinos varios como Pamplona, Castejón, Tudela de Navarra, Barcelona, Vigo, Madrid. Con diferentes tipos de trens, desde proximidades, Talgos e os máis modernos Altarias recentemente substituídos polo modelo Alvia (con viaxes a Madrid e Barcelona).
Así mesmo consta con Servizo Municipal de taxi.
O municipio de Tafalla limita: ao noroeste con Artajona, ao nordeste con Pueyo e o Municipio de Leoz, ao leste con San Martín de Unx, ao sueste con Olite, ao sur con Falces, ao suroeste con Miranda de Arga e ao oeste con Berbinzana e Larraga.
A data 1 de xaneiro de 2020, Tafalla contaba con 10.621 habitantes (5.279 homes e 5.342 mulleres),[2]
1897 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2006 | 2008 | 2017 | 2020 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
5.638 | 5.575 | 5.696 | 5.938 | 5.824 | 6.109 | 6.815 | 7.165 | 8.888 | 9.957 | 10.172 | 10.274 | 10.500 | 11.296 | 10.638 | 10.621 |
Un estudo realizado en 1998 demostrou a presenza humana no municipio durante o Calcolítico (Eneolítico), hai aproximadamente entre 4.500 e 3.700 anos. Estes asentamentos deberon ser temporais. Ata a Idade do Ferro (900-300 a.C.) non se atoparon restos de asentamentos estables na zona. Dos oito asentamentos que deberon ter lugar na zona destaca o de Valmediano, que debeu ser unha auténtica cidade fortificada ou o de Romerales, no que se revela unha continuidade de asentamento ata a época romana.[3]
Durante a dominación romana debeu ser chamada Tubala aínda que de varias hipóteses sobre a verdadeira orixe do seu nome, é moi probable que sexa de orixe árabe (Al-Tafaylla) que quere dicir "Cinceiro" en sentido amplo.
A primeira mención histórica de Tafalla data do século X en que foi nomeada na Crónica de Arib Ibn Sad, que narra unha visita de Abderramán III a Tafalla nunha expedición contra o Reino de Pamplona, no ano 924.
No ano 1043 tras a vitoria do rei García III de Nájera coa axuda dos tafalleses contra Ramiro I de Aragón e árabes aliados, concédese aos tafalleses o título de Nobres, Leais e Esforzados, a batalla tivo lugar no campo de Barranquiel. Por mor desta vitoria radica a Romaría ao Santuario da Virxe de Ujué. Sancho Ramírez outorgou a tafalla os seus primeiros foros que foron posteriormente confirmados por Sancho o Sabio (ano 1157) e Teobaldo II (ano 1255). Sancho VII o Forte outorga outro Foro aos tafalleses, librándoos de toda pecha e servizo real, mediante censo estipulado.
Carlos III o Nobre concedeu o privilexio de celebrar feira no ano 1418 e en 1423 outórgalle o título de Boa Vila dándolle un asento en Cortes e eximindo ao os tafalleses de toda servidume, ao declaralos Francos. Na Guerra Civil de Navarra Tafalla estivo no bando beamontés, defendendo os dereitos de Carlos Príncipe de Viana, aínda que tras a invasión castelán-aragonesa defendeu aos reis lexítimos de Navarra fronte aos invasores.
Filipe IV outorgou a tafalla o título de cidade con asento en Cortes no ano 1636. Durante a Guerra da Independencia a cidade foi un lugar estratéxico importante pola súa proximidade a Pamplona e foi ocupada polos franceses no ano 1808, converténdoa en cuartel. Cruchaga en 1811 e para rematar Espoz e Mina en 1811 e 1812 penetraron na cidade. Nun bombardeo que realizou este último destruíronse o convento de San Francisco e o Castelo-Palacio construído no século XV por orde de Carlos III o Nobre, como residencia dos reis navarros. Os restos que quedaron foron demolidos para edificar a actual Praza de Navarra no ano 1856. Esa mesma importancia estratéxica tamén a tivo Tafalla durante as Guerras Carlistas.
Tafalla foi declarada cabeza do Partido Xudicial polas Cortes do Reino en 1836. Tafalla sufriu importantes inundacións en 1833 en que rompeu a presa do Congosto e en 1886, con importantes perdas.
Nos dous últimos terzos do século déronse os pasos necesarios para dotar á cidade dos servizos urbanos modernos, como a instalación de iluminación pública con farois de petróleo (1843), establecéronse os serenos (1846), construír a Praza de Navarra (1856)), inaugurouse o ferrocarril que une Pamplona e o Ebro (1860), o telégrafo (1862), abriuse en 1866 a ponte para enlazar a estación e a cidade sobre o río Cidacos e instalouse anos despois a luz eléctrica (1895). Entre os últimos anos do século XIX e os primeiros do século XX abríronse o Casino Español (1922), O Teatro Gorriti (1909), que foi pechado en 1986, organizáronse liñas de autobús e instaláronse dous centros de ensino, o Colexio dos PP Escolapios (1883) e o Colexio San José das Fillas da Cruz (1888).
A administración política da cidade lévase a cabo mediante un Concello de xestión democrática na que se escollen os concelleiros cada catro anos por sufraxio universal. O censo está composto por tódolos residentes empadroados nel maiores de 18 anos, tanto nacionais de España como dos outros países membros da Unión Europea. Segundo o disposto na Lei de Réxime Electoral Xeral, que establece o número de concelleiros elixibles en función da poboación do concello, a Corporación Municipal está composta por 15 concelleiros. A Casa do Concello está localizada na Praza Francisco de Navarra.
Partido político | 2019 | 2015 | 2011 | 2007 | 2003 | 1999 | 1995 | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Votos % | Edís | Votos % | Edís | Votos % | Edís | Votos % | Edís | Votos % | Edís | Votos % | Edís | Votos % | Edís | |
Navarra Suma (NA+) | 24,97 | 5 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - |
Euskal Herria Bildu (EH Bildu) | 24,89 | 5 | 39,84 | 8 | 30,45 | 6 | - | - | - | - | - | - | - | - |
Partido Socialista de Navarra-PSOE (PSN-PSOE) | 19,39 | 3 | 11,28 | 2 | 17,83 | 3 | 18,84 | 4 | 23,09 | 4 | 24,58 | 5 | 29,65 | 6 |
Iniciativa por Tafalla (IT) | 14,35 | 2 | 14,23 | 2 | 5,06 | 1 | 10,93 | 2 | - | - | - | - | - | - |
Coalición Electoral Izquierda-Ezkerra (I-E(N)) | 6,14 | 1 | 6,79 | 1 | 4,34 | 0 | 4,76 | 0 | 20,74 | 4 | 7,85 | 1 | 3,63 | 0 |
Geroa Bai (G-Bai) | 5,84 | 1 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - |
Podemos (PODEMOS) | 3,43 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - |
Unión del Pueblo Navarro (UPN) | - | - | 24,28 | 4 | 34,93 | 7 | 35,34 | 7 | 29,29 | 5 | 38,16 | 7 | 36,91 | 7 |
Partido Popular (PP) | - | - | 1,04 | 0 | 4,21 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - |
Nafarroa Bai (Na-Bai) | - | - | - | - | 1,81 | 0 | 13,27 | 2 | - | - | - | - | - | - |
Partido Nacionalista Vasco/Eusko Alkartasuna (PNV/EA) | - | - | - | - | - | - | - | - | 8,21 | 1 | 6,24 | 1 | - | - |
Convergencia de Demócratas de Navarra (CDN) | - | - | - | - | - | - | 1,03 | 0 | - | - | 2,41 | 0 | - | - |
Tafalla Berri (TB) | - | - | - | - | - | - | - | - | 16,65 | 3 | - | - | - | - |
Euskal Herritarrok (EH) | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 19,29 | 3 | - | - |
Herri Batasuna (HB) | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 16,12 | 3 |
Eusko Alkartasuna (EA) | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 7,36 | 1 |
Plataforma de los Independientes de España (PIE) | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 3,27 | 0 |
Estes son os alcaldes de Tafalla desde as eleccións de 1979:
Mandato | Nome do alcalde | Partido político |
---|---|---|
1979-1983 | Javier Baztán Gorría | APE |
1983-1987 | Pablo Jurío | PSN-PSOE |
1987-1991 | Pablo Jurío | PSN-PSOE |
1991-1995 | José Iribas Sánchez de Boado | UPN |
1995-1999 | Luis Valero Erro | UPN |
1999-2003 | Luis Valero Erro | UPN |
2003-2007 | María Teresa Mañú Echaide | PSN-PSOE |
2007- 2011 | Cristina Sota Pernaut | UPN |
2011- 2015 | Cristina Sota Pernaut | UPN |
2015- 2019 | Arturo Goldaracena Asa | EH Bildu |
2019- | Jesús Arrizubieta Astiz | EH Bildu |
O sector agrícola e gandeiro en Tafalla dispón dunha superficie de 9.832 ha, das cales 9.477 son superficie rústica (representando o 96,4% da superficie municipal total). O valor catastral desta última é de 1.432.352.050 pesetas. As 7.263 parcelas nas que se divide a superficie pertencen a 1.504 titulares.
Dáse a circunstancia de que bastantes gandeiros dispón tamén de tenda de carne, co cal a súa actividade non só se concentra no sector primario senón que se estende tamén ao terciario.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.