From Wikipedia, the free encyclopedia
Renfe Alvia é un servizo ferroviario para transporte de viaxeiros de longa distancia e velocidade alta do operador público español Renfe. Caracterízase por ser de rodadura desprazable, o que permite percorrer vías de largo ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de largo entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.
Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a discapacitados e cafetería.
Os primeiros trens en ofrecer este servizo foron os da serie 120 de Renfe en outono de 2005, cando foron inauguradas as circunvalacións de Zaragoza e Lleida da L.A.V. Madrid-Camp de Tarragona e o cambiador de ancho de Puigvert de Lleida. Substituíron a case toda a totalidade dos trens Altaria que unían Madrid e Barcelona.
En outono de 2007 recibíronse as primeiras cabezas motoras da nova serie 130 de Renfe que acopláronse a ramas de remolques Talgo para substituí-la locomotora 252 ou 269 que tiraba destes coches nos percorridos Madrid-Xixón e Alacant-Xixón, de forma que os servizos Altaria e Talgo que cubrían estas relacións rebautizáronse como Alvia.
Coa apertura da L.A.V. Madrid-Valladolid pasáronse estes últimos servizos Alvia a circular pola mesma cambiando de ancho en Valdestillas ou Valladolid e engadíronse servizos Alvia ao recibirse máis cabezas da serie 130 con destino Santander (un dende Alacant), Bilbao e Hendaia.
O 20 de febreiro de 2008 púxose en servizo o tramo entre o cambiador de ancho de Roda de Berà e Barcelona, polo que os Alvia Madrid-Barcelona deixaron de circular nesta liña para ser substituídos por trens AVE, pasando os trens S120 de CAF a circular nas relacións Madrid-Logroño, Madrid-Pamplona e Madrid-Hendaia (antes cubertas por Altaria) e aproveitando parte da L.A.V. Madrid-Barcelona.
O 15 de setembro de 2008 comezaron a circular desde Barcelona ata Vigo, o 14 de decembro de 2008 entre Barcelona e Bilbao e Irún, e o 14 de xuño de 2009, nas rutas Madrid - Huelva e Madrid - Cádiz.
A frota de trens Alvia componse das seguintes unidades:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.