Hendaia

comuna francesa do departamento de Pireneos Atlánticos From Wikipedia, the free encyclopedia

Hendaiamap

Hendaia[1] (en francés: Hendaye, en éuscaro: Hendaia, literalmente "baía grande") é unha comuna francesa do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión da Nova Aquitania, no extremo suroeste do país. Sitúase no territorio vasco de Lapurdi, xunto á fronteira con España e a 21 km de Donostia.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Hendaia
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 43°21′31″N 1°46′28″O
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAquitania-Lemosín-Poitou-Charentes
DepartamentoPireneos Atlánticos
Distritodistrito de Baiona
Cantóncantón de Hendaia
Capital de
Poboación
Poboación18.074 (2022) (2.273,46 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921197
Q3550935
Superficie7,95 km²
Altitude25 m-0 m-108 m
Comparte fronteira con
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal64700
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webhendaye.fr
Pechar
Thumb
Praia de Hendaia, ao fondo os promontorios rochosos coñecidos como les jumeaux.

A cidade é un importante porto pesqueiro e conta cunha estación de ferrocarril internacional. Entre os atractivos da localidade, destaca un balneario, famoso en toda a rexión.

Historia

Situada no medio do Bidasoa, preto de Hendaia, a illa dos Faisáns é un lugar cargado de historia: en 1463, Lois XI tivo un encontro con Henrique IV, rei de Castela; en 1526, Francisco I, prisioneiro dos españois desde a batalla de Pavia, foi liberado nesta illa a cambio dos seus dous fillos, quen permaneceron baixo arresto durante catro anos; en 1615, desenvolveuse un intercambio de infantas reais: Isabel, irmá do rei francés Lois XIII, prometida do fillo do monarca español Filipe III, e Ana de Austria, irmá daquel, prometida á súa vez do rei Lois XIII. En 1659, asinouse na illa a Paz dos Pireneos e o acordo nupcial entre Lois XIV e María Tareixa, filla do rei español Filipe IV. A partir do tratado de 1856, a illa dos Faisáns pasou a pertencer tanto a Francia como a España, e desde 1901 ambos os países manteñen por quenda (seis meses cada un) o dereito á súa soberanía.

En 1923, o novelista francés Pierre Loti morreu en Hendaia, onde pasou gran parte da súa vida.

O 23 de outubro de 1940 produciuse unha entrevista histórica entre o ditador español Francisco Franco e o seu homólogo alemán Adolf Hitler. O obxecto do encontro, que se produciu no interior dun tren blindado estacionado na terminal de ferrocarril da localidade, era negociar a participación de España na segunda guerra mundial xunto ás potencias do Eixe Roma-Berlín-Toquio. O réxime franquista solicitara previamente a obtención de Xibraltar e todo o territorio de Marrocos, a cambio da súa belixerancia. Con todo, Franco argüiu durante a reunión as dificultades económicas que impedían a intervención española no conflito, razón pola cal ambas as partes non chegaron a acordos de importancia.

Xeografía

Thumb
Vista da cidade dende o porto.

A cidade está na fronteira co País Vasco e é contigua á cidade vasca de Irún (Guipúscoa). Hendaia está bañada polo Mar Cantábrico ao norte e a Baía de Txingudi (desembocadura do río Bidasoa) ao oeste, que a separa de España (Irún e Hondarribia).

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.