Río Bidasoa
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Bidasoa (en francés Bidassoa), tamén chamado río Baztan en Baztan, é un curso fluvial do País Vasco, que atravesa as provincias de Navarra e Guipúscoa e separa esta de Lapurdi (Francia).
Tipo | río río principal | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Guipúscoa, España, Navarra, España e Lapurdi, Francia | |||
Localización | Erratzu (en) | |||
Final | ||||
División administrativa | Bidasoaldea, España | |||
Localización | Hondarribia e Hendaia | |||
Desembocadura | Golfo de Biscaia | |||
| ||||
Afluentes | Ezkurra (en) , Tximista Erreka (en) , Onin (en) , Beartzungo Erreka (en) , Artesiagako Erreka (en) , Q5476653 | |||
Conca hidrográfica | Bidasoa basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 68,4 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 710 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 25,6 m³/s | |||
O mesmo nome actual do río, Bidasoa, podería aludir a Oiasso: "A ruta a, ou de, Oiasso", Bid-aso-a, de Bide = Camiño ou ruta, a Oiasso, ou tamén Oeaso, e o artigo -a, en éuscaro... E é que a ruta desde Pompelo a Oiasso terminaba bordeando cinguidamente o río desde varios quilómetros antes, por mor da abrupta orografía.
Outra versión faría derivar o nome do río do latín: "Via ad Oiasso". En calquera caso a mesma palabra en éuscaro actual, "bidea" (o camiño).
Nace nos Pireneos navarros, no termo de Erratzu na unión das regatas Izpegi e Iztauz. Desde a cabeceira e ata a localidade de Oronoz-Mugairi denomínaselle «río Baztan». A partir de aquí recibe o nome de «río Bidasoa».
No territorio navarro chega ata Endarlatsa, marca durante dez quilómetros a fronteira entre España e Francia e termina desembocando no Mar Cantábrico entre Hendaia e Irún, en Behobia.
Ao longo do seu percorrido recibe numerosos ríos e regatas que, por orde son a regata Ceberia, o río Ezkurra, o barranco Iruribieta, o río Latsa e a regata Etxalar, e os arroios Arregi e Onin.
Desemboca entre Hendaia (Francia) e Hondarribia (España) no mar Cantábrico xunto ao Cabo Higer. A Illa dos Faisáns pertence a ambos países.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.