Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles máis coñecido pola contracción do seu nome: CAF, é unha empresa vasca con sede social en Beasain (Guipúscoa) que leva décadas a construír trens e material ferroviario para as redes de tranvía, ferrocarril metropolitano e suburbano, de medio e longo percorrido e de alta velocidade máis importantes do mundo.

Datos rápidos CAF, Tipo ...
CAF
Thumb
TipoSociedade Anónima
Fundación1917
MatrizGrupo CAF, S.A.
LocalizaciónC/ José Miguel Iturrioz, 26. 20200 Beasain (Guipúscoa) País Vasco País Vasco
Persoas claveAndrés Arizkorreta
IndustriaMaterial ferroviario
ProdutosTrens, material ferroviario
Beneficio1450 millóns de euros (en 2014)
Número de empregados7000
Na rede
http://www.caf.net/
BNE: XX98620
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Historia

As súas orixes remóntanse a 1895, cando Gustavo Carde e Nicolás Escoriaza fundaron a empresa de carpintaría mecánica e fabricación de material automóbil Carde e Escoriaza. Esta sociedade forneceu, entre 1895 e 1918, tranvías a cidades como Donostia, Bilbao, Cádiz, Madrid ou Barcelona entre outras. Asemade, produciu coches para o Metro de Madrid e diversos automotores e coches remolcados. En 1920 mudou o nome a Material Móvil y Construcciones, e en 1954 a Compañía Auxiliar de Ferrocarriles adquiriu o control da sociedade fundada por Carde e Escoriaza.[1]

Entre 1971 e 1992 naceu CAF, tal e como se lle coñece hoxe en día, após a fusión da empresa orixinal coa Compañía Auxiliar de Ferrocarriles e o traslado ás instalacións de Zaragoza. Logo chegou a súa presenza nos mercados europeos, a súa consolidación internacional e a cofundación de subsidiarias[1] como Actren en España[2] ou o consorcio Frota BH no Brasil[3]. Nos últimos anos encóntrase entre as 200 maiores empresas españolas.[4]

En xaneiro de 2018 confirmouse a participación do Goberno Vasco en CAF coa adquisición do 1,24% -por 15 millóns de euros- do total de accións da empresa.[5]

Alta Velocidade

Co seu automotor eléctrico de alta velocidade bautizado como Oaris, CAF busca introducirse nun nicho, o de velocidades máximas comercias en servizos de longo percorrido, encomendado até o de agora por Renfe a competidores como Talgo, Siemens ou Alstom.[6]

Material rodante fabricado por CAF

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.