Selección de fútbol do Brasil
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección nacional de fútbol do Brasil é o equipo que representa ao Brasil en campionatos internacionais de fútbol. A Canarinha, como é coñecida popularmente, é o equipo máis laureado a nivel mundial tras acadar a vitoria en cinco Copas do Mundo. É ademais a única selección que participou en tódalas edicións do torneo. A selección está rexida pola Confederación Brasileira de Fútbol, afiliada á CONMEBOL.
Brasil | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Confederação Brasileira de Futebol — CBF | ||
Confederación | CONMEBOL (Suramérica) | ||
Código FIFA | |||
Alcume | A Canarinha | ||
Clasificación FIFA | 3 (11 de xuño de 2020)[2] | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Tite | ||
Máis encontros | Cafu (142)[5][6] | ||
Máximo goleador | Pelé (77)[7] | ||
Estrea internacional Arxentina 3 - 0 Brasil Buenos Aires, Arxentina; 20 de agosto de 1914[8] | |||
Maior vitoria Brasil 14 - 0 Nicaragua México; 17 de outubro de 1975[9] | |||
Maior derrota Uruguai 6 - 0 Brasil Viña del Mar, Chile; 18 de setembro de 1920 Alemaña 7 - 1 Brasil Belo Horizonte, Brasil; 8 de xullo de 2014 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 21 (todas) (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Campións (1958, 1962, 1970, 1994, 2002) | ||
Copa América | |||
Participacións | 36 (primeira en 1916) | ||
Mellor resultado | Campións (1919, 1922, 1949, 1989, 1997, 1999, 2004, 2007, 2019) | ||
O Brasil gañou o seu primeiro Mundial na edición de 1958 en Suecia, onde xa destacaba un mozo Pelé que marcou dous goles na final. O encontro rematou 5-2. Catro anos despois, no Mundial de 1962 en Chile volveron repetir éxito. O terceiro campionato lográrono en 1970, en México. Brasil presentou o que posiblemente sexa o mellor equipo de tódolos tempos, con estrelas coma Pelé, Tostão, Gérson, Jairzinho ou Rivellino. Gañaron cantos encontros disputaron nese torneo. Ademais quedaron co trofeo en propiedade ó se-los primeiros en gañar por tres veces a copa.
Pasaron 24 anos ata que o equipo brasileiro puido celebrar un novo título planetario, gañando o Mundial de 1994, nos Estados Unidos, despois de derrotar na final á selección italiana. O marcador ó final do partido foi de 0-0 polo que o torneo decidiuse por primeira vez na quenda de penaltis. Despois de acabar como segundo no Mundial de 1998 a selección brasileira gañou o seu quinto campionato no Mundial de 2002 no Xapón e Corea do Sur. A final xogouse entre as dúas seleccións máis laureadas da historia do fútbol, Alemaña e o Brasil, gañando o equipo suramericano grazas a dous goles de Ronaldo.