futbolista brasileiro From Wikipedia, the free encyclopedia
Albino Friaça Cardoso, coñecido simplemente como Friaça, nado en Porciúncula o 20 de outubro de 1924 e finado en Itaperuna o 12 de xaneiro de 2009, foi un futbolista brasileiro que xogaba como extremo dereito.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1924 Porciúncula, Brasil (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 12 de xaneiro de 2009 (84 anos) Itaperuna, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | pneumonía | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1943 - 1958 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1950 | Mundial de Fútbol Brasil 1950 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Vasco da Gama, aínda que tamén vestiu outras camisetas como a do São Paulo.[1] Internacional coa selección brasileira, foi autor do único gol do Brasil no partido decisivo do Mundial de 1950, o coñecido como Maracanazo.
Foi descuberto polos dirixentes do Vasco da Gama cando xogaba nun pequeno club de Carangola, o Ipiranga, despois de derrotar aos titulares do Vasco con dous goles seus.[2] O técnico Ondino Viera decidiu a súa contratación, e en 1945 formou parte do núcleo do que se deu en chamar o Expresso da Vitória, o equipo do Vasco que conseguiu varios títulos a nivel estatal e o Campionato Suramericano de Campións de 1948, considerado o precursor da Copa Libertadores. Con catro goles, foi o máximo artilleiro do seu equipo durante esa competición.[3]
Durante a súa etapa no club, estivo especialmente unido a Jair Rosa Pinto, quen, segundo o propio Friaça, o axudou a mellorar o seu tiro.[3] Unha vez rematado o ciclo de vitorias no Vasco, foi traspasado ao São Paulo, no que xogou dende o 1 de abril de 1949 ata o 27 de marzo de 1951, marcando 48 goles e conseguindo o título de campión paulista.[1] Precisamente polo seu bo rendemento, o Vasco mercouno de novo, manténdoo nas súas filas ata 1952. Máis tarde xogou no Ponte Preta, de novo no Vasco, e no Guaraní, retirándose aos 34 anos. Disputou un total de 191 partidos co Vasco, marcando 113 goles.[4]
Foi 13 veces internacional coa selección brasileira, sendo convocado para o Mundial de 1950. Marcou o seu único gol internacional no partido decisivo do torneo contra o Uruguai, batendo ao gardameta Roque Máspoli para poñer o 1-0 no marcador. Con todo, os uruguaios acabaron remontando inesperadamente o partido, que pasou á historia co alcume de Maracanazo.
Futbolista ofensivo, xogaba na posición de extremo dereito.[5] Era coñecido pola súa velocidade e a potencia do seu tiro, pola súa habilidade para golpear a balón parado e pola precisión dos seus centros.[1][5]
Casou con Maria Helena, coa que tivo catro fillos: Ronaldo, Ricardo, Rogério e Maria Inês.[6] En 1992 sufriu o duro golpe da morte dun dos fillos, Ricardo, que con 33 anos faleceu nun accidente de voo sen motor. Tras o suceso aumentou o seu consumo de alcol e fumou máis do que xa facía, empeorando así as súas condicións de saúde.[2] En 2005 foi internado no hospital de Itaperuna, onde morreu o 12 de xaneiro de 2009 a causa das complicacións dunha pneumonía.[7][1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.