Estádio do Maracanã
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estádio Jornalista Mário Filho, máis coñecido como Maracanã ("semellante a un chocallo" en tupí-guaraní, debido ao son dos paxaros que vivían por alí)[1], é un estadio de fútbol brasileiro localizado no Río de Xaneiro e inaugurado en 1950, con motivo da celebración da Copa do Mundo de fútbol daquel ano. Desde entón, o Maracanã foi palco de grandes momentos do fútbol brasileiro e mundial, como as finais do Campionato Brasileiro, do Campionato Carioca, da Copa Libertadores, da primeira Copa Mundial de Clubs da FIFA, así como doutras competicións internacionais e partidos da selección brasileira. Foi un dos locais de competición dos Xogos Panamericanos de 2007, albergando as competicións de fútbol e as cerimonias de apertura e de clausura. Tamén foi sede e albergou as cerimonias de apertura e clausura dos Xogos Olímpicos de 2016, disputados na cidade do Río de Xaneiro.
Estádio do Maracanã Estádio Jornalista Mário Filho | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Vista aérea do estadio do Maracanã. | ||||
Tipo | estadio, all-seater stadium (en) e estadio de fútbol | |||
Epónimo | Mário Rodrigues Filho (pt) | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Brasil | |||
Unidades da federación | Estado do Río de Xaneiro | |||
Concello | Río de Xaneiro | |||
Subprefeitura (pt) | Grande Tijuca (pt) | |||
Bairro (pt) | Maracanã | |||
Localización | Río de Xaneiro, Brasil | |||
Enderezo | Rua Professor Eurico Rabelo, Maracanã, Rio de Janeiro - RJ e Avenida Presidente Castelo Branco, Portão 3, Maracanã, Rio de \Janeiro, RJ, 20271-130, Brazil | |||
Datas | ||||
Fundación | 16 de xuño de 1950 | |||
Inauguración | 16 de xuño de 1950 | |||
Acontecementos | ||||
Jogos Pan-Americanos de 2007 (pt) | ||||
Copa América de 2019 | ||||
Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||
Xogos Olímpicos de 2016 | ||||
Copa Confederacións Brasil 2013 | ||||
Copa América de 1989 (pt) | ||||
Mundial de Fútbol Brasil 1950 | ||||
Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Final | ||||
Maracanazo | ||||
2 de agosto de 1948 | comezo da construción | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 78.838 | |||
Tipo superficie | céspede | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Estado de Río de Xaneiro | |||
Arquitecto/a | Waldir Ramos Raphael Galvão Miguel Feldman Oscar Valdetaro Pedro Paulo B. Bastos Orlando Azevedo Antônio Dias Carneiro | |||
Operador/a | Estado do Río de Xaneiro e Novonor (pt) | |||
Ocupante | Clube de Regatas do Flamengo e Fluminense Football Club | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben declarado patrimonio polo IPHAN | ||||
Data | 26 de decembro de 2000 | |||
Identificador | 1094 | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol | |||
Localía | Flamengo Fluminense FC | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | suderj.rj.gov.br… | |||
[ Wikidata ] |
Ao longo do tempo, porén, o estadio tamén pasou a asumir carácter de espazo multiuso ao albergar outros eventos como espectáculos e partidos doutros deportes, como o voleibol. Tras diversas obras de modernización, a capacidade actual do estadio é de 78.838 espectadores, sendo o maior estadio do Brasil.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.