Estádio do Maracanã
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estádio Jornalista Mário Filho, máis coñecido como Maracanã ("semellante a un chocallo" en tupí-guaraní, debido ao son dos paxaros que vivían por alí)[1], é un estadio de fútbol brasileiro localizado no Río de Xaneiro e inaugurado en 1950, con motivo da celebración da Copa do Mundo de fútbol daquel ano. Desde entón, o Maracanã foi palco de grandes momentos do fútbol brasileiro e mundial, como as finais do Campionato Brasileiro, do Campionato Carioca, da Copa Libertadores, da primeira Copa Mundial de Clubs da FIFA, así como doutras competicións internacionais e partidos da selección brasileira. Foi un dos locais de competición dos Xogos Panamericanos de 2007, albergando as competicións de fútbol e as cerimonias de apertura e de clausura. Tamén foi sede e albergou as cerimonias de apertura e clausura dos Xogos Olímpicos de 2016, disputados na cidade do Río de Xaneiro.
Estádio do Maracanã Estádio Jornalista Mário Filho | |
---|---|
Vista aérea do estadio do Maracanã. | |
Datos | |
Coordenadas | 22°54′44″S 43°13′49″O |
Localización | Río de Xaneiro, Brasil |
Construción | |
Inauguración | 16 de xuño de 1950 |
Renovación | 2000, 2006, 2013 |
Arquitecto | Waldir Ramos Raphael Galvão Miguel Feldman Oscar Valdetaro Pedro Paulo B. Bastos Orlando Azevedo Antônio Dias Carneiro |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 × 68 |
Capacidade | 78.838 |
Propietario | Estado de Río de Xaneiro |
Operadora | Novonor e Estado do Río de Xaneiro |
Localía | Flamengo Fluminense FC |
Web | http://www.suderj.rj.gov.br/maracana.asp |
Eventos | |
Mundial de Fútbol Brasil 1950 Copa Confederacións Brasil 2013 Mundial de Fútbol Brasil 2014 Xogos Olímpicos de 2016 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ao longo do tempo, porén, o estadio tamén pasou a asumir carácter de espazo multiuso ao albergar outros eventos como espectáculos e partidos doutros deportes, como o voleibol. Tras diversas obras de modernización, a capacidade actual do estadio é de 78.838 espectadores, sendo o maior estadio do Brasil.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.