Amarelo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O amarelo ou marelo é unha cor cunha lonxitude de onda comprendida entre as faixas 565 nm e 590 nm do espectro de cores visibles. Pódese considerar unha mestura entre as cores vermella e verde. O amarelo é a cor complementaria do azul; o pigmento amarelo absorbe a luz azul.
O amarelo é unha das cores primarias.
Coordenadas aproximadas da cor
Triplete hexadecimal | #008000 |
RGB (r, g, b) | (0, 128, 0) |
CMYK (c, m, y, k) | (100, 0, 100, 50) |
HSV (h, s, v) | (120, 100, 100) |
Uso, simbolismo e expresións coloquiais
- É considerado o máis expansivo entre os matices, así como o que máis atrae aos ollos. A exploración do seu uso ten unha grande importancia na obra de Vincent van Gogh.
- O amarelo era a cor símbolo do Emperador da China, e por consecuencia, da Monarquía chinesa.
- En moitos países, os taxis son de cor amarela. Esta práctica, aparentemente comezou en Nova York, por mor de Harry N. Allen que pintou o seu vehículo de cor amarela, logo de saber que esta cor era a máis visible a distancia.
- A cor amarela, no teatro seica dá mala sorte polo contratempo que tivo Moliere, que morreu ó ve-la súa obra Tartufo representada, e onde abundaban no decorado elementos desa cor.
- A cor amarela tamén acostuma a se usar en moitos países nas "páxinas amarelas", que son directorios telefónicos de compañías.
O marelo na cultura popular galega
- Nin bo Xan, nin bo Pedro, nin boi marelo por riba do rego.
Cantigas
- A do refaixo amarelo/ vai na popa do navío,/ téndeme conta con ela,/ que non se caia no río.
- Aínda que estou aquí cantando,/ triste está o meu corazón;/ téñocho máis amarelo/ que unha casca de limón.
- Maruxiña, Maruxiña,/ a do refaixo amarelo;/ se te atopo no camiño/ non che ha de valer ‘non quero’.
- Miña nai e maila túa/ van á feira a Paradela/ vende-lo becerro branco/ e maila vaca amarela.
Galería
Véxase tamén
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de amarelo |
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de marelo |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amarelo ![]() |
Bibliografía
- Gran Enciclopedia Galega, Vigo 2003, tomo 2 s. v. amarelo.
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.